Próximos eventos

ENLACE A TAREFAS ESCOLARES NA CASA

Nesta páxina vas atopar dun xeito sinxelo como acceder ás tarefas por cursos e niveis.

Aínda así deberás seguir atendendo ás indicacións recibidas por AbalarMobil ou correo elecrónico.

Nota dirección sobre material profesorado.

CORONAVIRUS (COVID-19)

ATENCIÓN

Prolóngase o estado de alarma por outros quince días. Isto implica que cando menos ata o día 13 de abril seguiremos sen regresar fisicamente ao centro escolar. Seguide con atención ás posibles achegas que vos faga o profesorado a través dos medios telemáticos dispoñibles.

Por instruccións ditadas dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en centros de menos de 6 unidades non haberá presenza física do equipo directivo. Isto non implica que non haxa comunicación posible co centro a través do:

Correo electrónico: ceip.asforcada@edu.xunta.gal

Teléfono: 881880929

Toda a información de interese que vaia saindo a colgaremos aquí, na páxina web do colexio, así que recomendamos que a visitedes frecuentemente e esteades atentos as notificacións por ABALARMOBIL.

TAREFAS ESCOLARES

O conxunto do profesorado do centro, a través das plataformas telemáticas que teña ao seu alcance, vos informará das tarefas que o alumnado deba ir realizando durante este período de ausencia ao colexio. Revisade nesta mesma páxina web na parte esquerda os menús dos cursos dos vosos fillos e fillas.

Ademais dende o departamento de orientación apórtanse varias recomendacións.

Resultado de imaxes para: icono pdf

Clica para ver as recomendacións

CONTOS DE SABEDORÍA E BOTRATO (OBRADOIRO)

Por suspensión da actividade lectiva, queda suspendido temporalmente o obradoiro. En canto se reanuden de xeito ordinario as clases vos avisaremos aos que estabades participando das novas datas de participación.

Un saúdo,

XORNADA DE ROBÓTICA

O día 12 de marzo en horario habitual, o noso alumnado vai ter unha xornada de aproximación á robotica. Iremos a O Couto e alí un especialista ensinará nunha xornada lúdica e formativa os rudimentos básicos sobre a programación de robots deseñados para o  ámbito escolar.

Esta actividade foi unha proposta presentada ao noso centro entre o asesor en formación da nosa zona educativa e a ANPA As Forcadas.

O transporte será gratuíto para todo o alumnado.

MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia)

Suspedida a espera de acontecementos.

Clica aquí para acceder ás novas do noso colexio.