Skip to Content

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN O SEU CAMIÑO

Este luns, coincidindo coa celebración do día das Bibliotecas (24 de outubro),  o Sabichón quere facernos un agasallo moi especial.

Como novidade, cada curso contará cunha mochila viaxeira, que inclúe libros, cómics, revistas... para que alumnado e familias disfruten xuntos do tempo de lectura. O contido das mesmas é sorpresa... que intriga!

Ademais, cada mochila contará cun diario, onde os nenos e nenas reflexarán os libros que máis lles gustaron a través de debuxos, resumos, fotos lendo... e todo o que a vosa imaxinación queira! 

Esta mochila viaxará cada semana a unha familia diferente, polo que todo o alumnado e familias poderán disfrutar deste fantástico agasallo durante unha semana. É importante respectar os prazos e coidar o material para que todos e todas gozemos da mochila viaxeira.

Así mesmo, de forma voluntaria, as familias poderedes enviar fotos disfrutando do contido desta mochila viaxeira ao email do cole (ceip.asbizocas@edu.xunta.gal), así poderemos ver o ben que o pasades xuntos!

As mochilas viaxeiras xa están listas para comezar a sua andaina!

 

Lembrade familias!: todas as actividades estarán actualizadas no blog do cole https://bibliogalegoasbizocas.blogspot.com/ 



story | by Dr. Radut