A clase de 3º e 4º de primaria
Aquí comparto todo o traballo feito arredor dos textos instructivos. Trátase dun tipo de texto habitual no día a día e que presenta moitas posibilidades para o traballo de diferentes contidos curriculares na aula.
Picando no arquivo adxunto podedes facer un recorrido por todas as actividades que levamos a cabo. Lede con calma pois ao mesmo tempo pode servir para afianzar ou lembrar algunas cousiñas.
Finalmente tedes que facer as actividades que se presentan nas dúas últimas páxinas. Posto que o curso avanza e xa non é a primeira vez que reflexionades sobre un proceso, sede esixentes coa elaboración do voso documento: presentación, ortografía básica, conectores, parágrafos, etc.
Fran
No documento adxunto podedes ver todo o traballo que fixemos arredor do cadro "O grito" do pintor noruego E. Munch. Foi un proceso longo no que traballamos diferentes contidos curriculares partindo da arte como centro de interés e modo de expresión de emocións e sentimentos.
Agardo que espertara a vosa motivación e curiosidade.
Ao final do documento tedes a actividade para reflexionar sobre o proceso pois este non remata sen as vosas aportacións.
Fran
Aquí podedes ver o breve traballo que fixemos na área de plástica sobre o debuxo do rostro e a figura humana. Ao final da presentación hai unha proposta de actividade para quen se anime neste Nadal.
Fran
Boas de novo!
No documento adxunto podedes ver o traballo feito na área de Educación Artística (Plástica) durante os meses de setembro e outubro.
Ademais, ao final do documento tedes unha tarefa para facer. É moi importante reflexionar sobre o que traballamos pois servirá para que todos e todas melloremos. Parabéns polo esforzo e agardo as vosas respostas!
Fran.