blogue deadmin |
Aquí tendes algunhas suxestións de libros que COMELIBROS preparou para vós, grandes e non tan grandes. Estes libros están desexando ser convidados a pasar o verán con vós. Esperamos que sexan do voso agrado. Dende a BIBLIOTECA DE ARMENTEIRA, desexámosvos un BO VERÁN!!!!! ATA O CURSO QUE VÉN, QUE HABERÁ MÁIS E MELLOR |
|||
Este ano fixemos un "PICNIC LITERARIO" coa comunidade educativa do CRA de Meis, na Aldea da Pedra e da Auga. Foi unha xornada fantástica, tivemos andaina por esta fermosa ruta de pedras e auga; os máis pequenos unha procura do tesouro fantástica; compartimos lecturas maravillosas, unha merenda deliciosa, e como non, xogamos, cantamos e bailamos con Çe Pantasma. |
|||
Aquí deixovos un enlace para practicar probas de Avaliación Diagnóstica. Así podedes comprobar cantas cousiñas sabedes e seguramente aprender algunha nova. Ánimo rapazada!!!!!
|
|||
En homenaxe a Antón Fraguas, o alumnado de 1º e 2º de primaria fixemos unha pequena obra de teatro na nosa Biblioteca. Esperamos que vos goste. |
|||
