Artigos
No documento adxunto pódese ver o resultado do traballo do alumnado no proxecto "1.000 FORMAS DE PENSAR UNHA A".
Fran
Durante os meses de novembro e decembro na área de Plástica demos continuidade á proposta de creación de obras a partir de OBXECTOS cotiás dentro do proxecto de centro “Un cole sostible”.
Nesta ocasión introducimos o debuxo en combinación cos obxectos para ir un paso máis alá nas nosas creacións e, posteriormente, fixemos unha sesión na que combinabamos sombras e obxectos para conseguir obras realmente orixinais.
Nas seguintes fotos podedes ver os resultados destes nenos e nenas tan creativos.
Xa no segundo trimestre levaremos esta actividade ás áreas lingüísticas para traballar tamén a poesía.
O libro final que crearemos co traballo completo xa vai tomando forma!
No documento adxunto pódese ver o traballo do alumnado do 2º ciclo sobre os textos expositivos e a artista Louise Nevelson.
Comezamos deste xeito a elaboración de pequenos proxectos interdisciplinares (áreas lingüísticas e artísticas) para traballar os contidos curriculares. Ademais, durante este curso, todo o centro traballará sobre "Un cole sostible", proxecto ao cal se contribúe con este traballo.