Skip to Content

Animación á lectura

Recital de poesía

Os alumnos e alumnas de 5º A organizaron un recital de poesía con rap poético incluído.  Uns artistazos.

O espantallo amigo

Durante o segundo trimestre o alumnado de 2º e 3º de primaria estivo a traballar o libro "O espantallo amigo". Finalmente o día 29 de marzo puidemos desfrutar  dunha adaptación teatral desta obra por parte do grupo de teatro "Os quinquilláns".

O Xardín de Rosalía

Para celebrar o día de Rosalía de Castro, todo o alumnado do centro, elexiu fragmentos da súa obra que plasmaron en distintas flores fromando este fermoso xardín.

DIA DA PAZ

Este ano no DIA DA PAZ  imaxinamos un mundo " SIN FRONTEIRAS".

 

EXPOSICIÓN XOGOS TADICIONAIS NOVEMBRO 2023

 Unha nova edición da exposición de xogos tradicionais para celebrar o magosto deste ano, con novos xogos e sorpresas, pasámolo xenial!!!!!

 

Xogos Tradicionais Novembro 2023

OS PASOS VIAXEIROS

"Os pasos viaxeiros"

é un proxecto elaborado en colaboración coa biblioteca Escolar dentro da súa proposta:

"A volta ao mundo en 80 libros"

Video dos reloxos conta pasos.Os pasos canxeanse  por km e trasladanse ao mapa en cidades do mundo.os pasos viaxeiros

DÍA DO LIBRO

Conmemoramos o día do Libro cunhas sesións de contacontos nas que o alumnado de 6º de Educación Primaria leu aos pequechos e pequechas de Educación infantil diferentes contos na biblioteca do cole. Foi unha actividade moi divertida para todos e todas!!

Son Mariña, a historia dunha nena celíaca.

Recibimos a visita do contacontos da asociación ACEGA (asociación de celíacos de Galicia) para concienciar ao alumnado sobre a alimentación saudable.

Aquí deixamos un pequeno video.

Distribuir contido


by Dr. Radut