Skip to Content

Mediación entre iguais

ESCOLA DE FAMILIAS: O CONFLICTO NA FAMILIA E COMO ABORDALO DENDE A DISCIPLINA POSITIVA

Escola de familias

Si buscas unha mellor convivencia familiar pero non sabes por onde empezar, a nosa psicóloga de cabeceira, Jenifer Herbón, experta en disciplina positiva, dirixirá este obradoiro para as familias orientado a resolver conflictos de manira asertiva.

No o perdades.

Vindeiro Martes 9 de abril ás 18:00 horas no CEIP Arealonga

ESCOLA DE FAMILIAS: EDUCAR DENDE O RESPECTO

Unha vez máis contaremos coa psicóloga Jennifer Herbón Otero, experta en disciplina positiva, para este obradoiro, dirixido ás familias, no que teremos a oportunidade de abordar temas  respecto á educación dos máis novos e como enfrentarmos, dunha maneira positiva e eficiente, ao reto diario que eso supón.

Esperámosvos.

Educar no respecto

PRESENTAMOS O PROXECTO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

OS ALUMNOS E ALUMNAS MEDIADORES DESTE CURSO 2023/24 FORON POR TODAS AS CLASES DE EDUCACIÓN PRIMARIA EXPLICANDO QUE É A MEDIACIÓN, E COMO FACER USO DESTE SERVIZO PARA RESOLVER OS PROBLEMAS DE CONVIVENCIA A TRAVÉS DO DIÁLOGO.

COMUNICACIÓN E EMPATÍA

AO LONGO DESTA SEMANA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON EN OBRADOIROS PARA TRABALLAR A COMUNICACIÒN ASERTIVA E A EMPATÍA, A TRAVÉS DE XOGOS E DINÁMICAS DESEÑADAS POLA PSICÓLOGA SOCIAL JENIFFER HERBÓN.

APRENDEMOS A CONVIVIR MELLOR!!

 

25 de Novembro: día internacional contra a violencia machista

25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

MEDIACIÓN ESCOLAR

FORMACIÓN DE ALUMNOS/AS MEDIADORE CURSO 20018/19

Comezamos a formación de dezaoito nenos e nenas de 5º de Educación Primaria que van ser a cuarta xeración de mediadores do noso centro.

Despois do Nadal, no Segundo Trimestre, comezarán a intervir nos pequenos conflitos que aparezan no colexio, para axudar a solucionalos de xeito pacífico e dialogado.

KM POLA IGUALDADE

O día 19 de abril realizamos no recinto escolar unha carreira na que participou todo o alumnado do centro, dende os nenos e nenas de Educación Infantil ata os de 6º nivel de Educación Primaria, e tamén os mestres e o persoal do colexio. ​

Con esta actividade iniciamos o proxecto DÁME IGUAL co que queremos demostrar que, independentemente da idade, do sexo e da condición física, estamos dispostos a esforzarnos para conseguir un mundo mellor e máis igualitario cas nosas accións, unha igualdade real.

As xeracións futuras veñen con moitas forzas e moitísimas ganas de demostrar que se nos esforzamos e traballamos xuntos respectándonos, podemos facer grandes cousas.

Aquí deixamos o video, pero ATENTOS! HABERÁ MÁIS...

25 de Novembro: día internacional contra a violencia machista

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

C.E.I.P AREALONGA

Distribuir contido


by Dr. Radut