Skip to Content

Educación Infantil

AS EMOCIÓNS

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPOU NUNHA ACTIVIDADE DESENVOLVIDA POR COCAN, E COA INTERVENCIÓN ASISTIDA CON CANS APRENDERON EMOCIÓNS, LERON UN CONTO E SE RELAXARON.

FOI MOI DIVERTIDA E OS NENOS E NENAS DISFRUTARON MOITO COA VISITA DESTES ANIMALIÑOS!!

PREPARANDO O 25-N

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL PREPARAN O 25-N CUNHA FERMOSA PANCARTA NA QUE REINVINDICAN O BO TRATO: REGÁLOCHE UN BICO E NON A VIOLENCIA QUE CONTÉN UN PUÑETAZO.

GRANDES ARTISTAS!!!

 

Ven ao cole en bici ou patinete: Estreamos aparcadoiro.

Está a túa familia cansa  de non atopar sitio para aparcar cando te traen ao cole? Pois vinde en bici ou patinete e utilizade o este estupendísimo aparcadoiro. Animádevos.

Pincha na foto para despregar o albúm.

Álbum: Sen categoría -> Bicis no patio: Aparcadoiro Vaibike

EDUCACIÓN INFANTIL: "AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN" CONCELLO DE VILAGARCÍA

Un ano máis, o Concello de Vilagarcía de Arousa ven de convocar as "Axudas á escolarización" que cada ano pretenden servir de axuda económica ás familias.
Trátase dunha axuda de 60€ dirixida ao alumnado de Educación Infantil ( de 0 a 6 anos), etapa educativa non obrigatoria.

O prazo está aberto desde o pasado día 1 de setembro ata o día 30 do propio mes.

Descarga aquí as bases.

Descaraga aquí a solicitude.

Para presentalas: Telemáticamente na SEDE ELECTRÓNICA ou presencialmente no propio Concello

EDUCACIÓN INFANTIL: "AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN" CONCELLO DE VILAGARCÍA

Un ano máis, o Concello de Vilagarcía de Arousa ven de convocar as "Axudas á escolarización" que cada ano pretenden servir de axuda económica ás familias.
Trátanse dunha axuda de 60€ dirixida ao alumnado de Educación Infantil ( de 0 a 6 anos), etapa educativa non obrigatoria.

O prazo está aberto desde o pasado día 1 de setembro ata o día 30 do propio mes.

Para ver as bases prema aquí: Bases

"Axudas á escolarización concello de Vilagarcía"

E aquí para descargar o impreso de solicitude que poderá presentar na SEDE Electrónica  ou, presencialmente, no propio Concello

 

Reunión familias alumnado 4 e 5 anos

Estimadas familias do alumnado de 5º e 6º  curso de Educación Infantil (4 e 5 anos):

 

O  martes día 6 de setembro están convocados  a unha reunión que terá lugar ás 11:00 horas no edificio Vagalume.

 

Esperamos a súa asistencia.

             Moitas grazas.

MÁIS MULLERES NO DEPORTE

Rematamos co plan de igualdade deste curso visibilizando o papel da muller no deporte e esta semana visitounos Siña Abeijón, a mítica capitana do Cortegada, que contou a súa experiencia no mundo do baloncesto, animou a nenos e nenas a practicar este deporte e fixo coa rapazada de educación infantil, 1º e 2º de primaria, un minientreno para motivalos a xogar ao baloncesto.

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

STOP ACCIDENTES ESTIVO COS NOSOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA QUE APRENDERAN NOCIÓNS BÁSICAS DE SEGURIDADE VIAL DE CARA A POR EN MARCHA AS RUTAS ESCOLARES SEGURAS NA NOSA VILA.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut