Skip to Content

blogue deCOLE AREALONGA

CORAL ELIZONDO NO CEIP AREALONGA

Coral Elizondo

 

Coral Elizondo – Coral Elizondo, experta en innovación educativa

 

O vindeiro martes teremos o privilexio de poder escoitar á prestixiosa pedagoga, profesora no Máster de Neuroeducación Avanzada da Universidade de Barcelona, formadora de docentes e familias sobre distintos temas, sobre todo, relacionados con la educación inclusiva.

Non o perdades

 

FONDO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2024/2025.

do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar]. IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 CALENDARIO

TRÁMITES

PRAZO

Presentacion de solicitudes

Ata o 21 de xuño

Publicación listaxes provisionais

 8 de xullo

Reclamacións ás listaxes provisionais

 11 e 12 de xullo

Publicación das listaxes definitivas

 16 de xullo

Entrega vales axudas libros e material

 Mes de setembro

Entrega libros do Fondo Solidario

Na aula, ao inicio do curso

CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN (convocados polo Concello)

Campamentos de verán Concello

O Concello  convoca os CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2024, programa socioeducativo e de lecer de apoio á infancia, co obxectivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garante a igualdade de oportunidades.

Modalidades

O servizo presentará dúas modalidades:

• SERVIZO DE CAMPAMENTO URBANO: con actividades de ocio e ocupación do tempo de lecer baseadas nos principios da educación non formal, en horario de 9.00 a 14.00 h (con PLAN MADRUGA en horario de 8.00 a 9.00 h. para aqueles solicitantes que o demanden expresamente)

• SERVIZO COMPLEMENTARIO DE COMEDOR. Destinado aos/ás menores que o soliciten, en horario de 14.00 h a 15.00 h. (ver anexo IV, incluido no enlace informativo)

Máis información neste enlace:

CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN

 

CONTACTO

CEIP AREALONGA

e-mail : ceip.arealonga@edu.xunta.es

telf: 886151840

Rúa A Xunqueira nº 6

36600 Vilagarcía de Arousa

 

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (ALUMNADO DE NOVO INGRESO)

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

do 20 ao 30 de xuño.

HORARIO DE SECRETARIA:

10:00 a 13:00 horas

 

(So alumnado que se matricule por primeira vez no CEIP Arealonga)

Descarga aquí:

Impreso de formalización de matrícula

Solicitude de transporte

 

ENGLISH AREALONGA COOL RADIO

OUR PODCAST

Pupils speaking about difrent themes

 

TV PROGRAMES

FAVOURITE SPORT

TRADITIONAL FOOD

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

Publicamos, no taboeiro de anuncios do centro, a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso 2024-2025.

Informamos que foron admitidas todas as solicitudes presentadas par 4º de Educación Infantil (3 anos)

 

Lémbrase que deben formalizar a matrícula, na secretaria do centro, do 20 ao 30 de xuño.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut