Skip to Content

Taboeiro de anuncios

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

 

Iniciativa da DGT e do Concello de Vilagarcía, que fará posible chegar ao colexio caminando, en bicicleta, patinete..., de maneira segura

Para acceder á información, prema nos seguintes enlaces:

TRANSPORTE ESCOLAR: SOLICITUDE

 

 

Para o alumnado que vaia a utilizar o transporte escolar, achegase mais abaixo, o impreso de solicitude para entregar na secretaria no seu horario de oficina.

Tamén é posible recoller estos impresos na secretaria.

Prégase facer á solicitude o antes posible.

(Premer no enlace de abaixo para descargar)

 

CONVOCATORIA REUNIÓN NAIS E PAIS DE ALUMNADO DE 1º EP

 

 

Convócase a unha reunión coas nais e pais de alumnado de 1º o vindeiro:

martes 10 de setembro

as 11:00 da mañá

nas aulas de 1º

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS E MATERIAL

Xa están dispoñibles as listaxes definitivas do Fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquisición de libros de texto e material escolar do curso 2019/2020.

Os intersados poderán consultar tamén o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación www.edu.xunta.es/fondolibros no menú "Cidadáns".

ENTREGA DE VALES: Na secretaria do centro a partires do 2 de setembro

 Para acceder ás listaxes: desplegar a noticia premendo no título e premer nos enlaces de abaixo.

 

 

 

MATERIAIS IMPRESOS E TEXTOS CURSO 2019-2020

Durante o vindeiro curso, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria accederá ao progama E-DIXGAL: implantación do libro electrónico nas aulas.

Para mais información premer neste enlace:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/espazo/e-dixgal/novas

Para acceder á listaxe de textos e materiais impresos do curso 2019-2020, premer no enlace ao final da páxina.

HISTORIAIS ACADÉMICOS 6º

 

A partires de hoxe: 28 de xuño de 2019, pódense recoller os Historiais académicos do alumnado que rematou 6º curso de Educación Primaria, na Secretaria do centro.

Horario: 10:00 a 13:00

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º CURSO E.P. : 28 e 29 DE MAIO

Estimadas familias:
No DOG do 03 de maio publicouse a Resolución do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de 3º curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19.
O Decreto 105/2014, do 9 de decembro, polo que se establece o currículo de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia dispón no artigo 12.7 que os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao rematar o terceiro curso de educación primaria, segundo dispoña a consellería con competencias en materia de educación, e que, de resultar desfavorable esta avaliación, o equipo docentedeberá adoptar as medidas ordinarias ou extraordinariasmáis axeitadas, que se fixarán en plans de mellora de resultados colectivos ou individuais que permitan resolver as dificultades, en colaboración coas familias e mediante recursos de apoio educativo.
As probas celebraranse os días 28 e 29 de maio de 2019.

Vilagarcía, 24 de maio de 2019.

Saúdos.

A Directora: Mª de los Milagros Vidal Loureiro

 

Información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/avalia/PaxinaInicio.action

AVALIACIÓN FINAL DE 6º (MOSTRAL E DIAGNÓSTICA): 28 E 29 DE AGOSTO

 

Estimadas familias:
No DOG do 03 de maio publicouse a Resolución do 15 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19.
O Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica a disposición derradeira quinta da citada lei e adecua o réxime xurídico da avaliación final da educación primaria ao novo calendario de implantación. Este real decreto establece que ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, a avaliación de educación primaria recollida no artigo 21 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, será considerada mostral e terá finalidade diagnóstica.
As probas celebraranse os días 28 e 29 de maio de 2019.

Vilagarcía, 24 de maio de 2019.

Saúdos.

Información:

https://www.edu.xunta.es/avalia/PaxinaInicio.action

A Directora: Mª de los Milagros Vidal Loureiro

Distribuir contido


by Dr. Radut