Skip to Content

Taboeiro de anuncios

RECOLLIDA DE NOTAS E VACACIÓNS DE NADAL

 

Estimadas familias:

                                    O MARTES 22 de DECEMBRO as titoras entregarán o boletín de cuaficacións ao seu alumnado en horario de mañá.

Lémbrase que o alumnado terá que entregarlle ás súas titoras o resgardo das notas firmado polos pais/nais/titores á volta das vacacións de Nadal.

O período de vacacións de Nadal abranguerá do 23 de decembro de 2020  ao 7 de xaneiro de 2021, ambos os dous incluidos, reanudándose as clases o veres  8 de xaneiro.

Aproveitamos para expresar os noso mellores desexos a todas as familias nestas datas tan sinaladas.

 

FELICES FESTAS

CEIP AREALONGA

 

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado

Acceda aquí á información

 
Prazo:ata o 26 de novembro
Presentación: Presencial no centro educativo.
 Cita previa secretaria no teléfono:   886151838
O alumnado que fose beneficiario do cheque de material escolar no curso 2020-2021 está exento de cubrir a solicitude.
 
 

SEDE ELECTRÓNICA

Día non lectivo: 2 de novembro

Estimadas familias:

Lémbramos que, de acordo co que establece a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21, artigo 7.2, o día 2 novembro de  de 2020, foi autorizado pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. como día non lectivo nos centros educativos de Vilagarcía de Arousa.

Reciban un cordial saúdo,

CEIP AREALONGA

NOTA INFORMATIVA ALUMNADO DE 1º CURSO

Benvidas familias!

Comezamos unha nova etapa no CEIP Arealonga!

Debido ás cirscunstancias especiais deste ano académico, non realizaremos reunións informativas presenciais, xa que os protocolos educativos e as autoridades sanitarias así o recomendan, pero sí queremos convidarvos a comezar a participar na vida escolar.

A partir do luns atenderemos ás familias que queiran achegarse ao centro. Co fin de evitar que coincidades moitas persoas á vez, intentade vir atendendo á lista do alumnado da aula:

    o luns as sete primeiras familias da lista(de 11:30 a 13.00 horas) 

    o martes os nenos e nenas entre o número 8 e 14 (de 12:00 a 13.00 horas) 

    o mércores quedaría para os nenos e nenas cos números do 15 ao 21 (de 11:30 a 13.00 horas).

A partir do luns 7 de setembro publicaremos as normas de aula e a lista de material.

O protocolo covid coas medidas hixiénico-sanitarias, así como a organización xeral do centro tamén vos serán presentadas á maior brevidade posible.

    Un saúdo

 As titoras de 1º

TRANSPORTE ESCOLAR

Informamos as familias do alumnado usuario do transporte escolar que deben cumplimentar o impreso adxunto e entregalo na secretaria do centro o antes posible.

 

Tamén é posible recollelo na secretaria do centro.

 

 SOLICITUDE TRANSPORTE 2020 -2021

Distribuir contido


by Dr. Radut