Skip to Content

PON AS LENTES VIOLETAS

DENTRO DA CAMPAÑA HACKEANDO O MACHISMO NAS REDES SOCIAIS, PON AS LENTES VIOLETAS, PROMOVIDO POLA CONCELLERÍA DE IGUALDADE, OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON NUN OBRADOIRO PARA  DETECTAR, DESTAPAR E BLOQUEAR O MACHISMO NESTAS REDES.

SE QUEREDES TER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA CAMPAÑA PODEDES CONSULTAR O ADXUNTO

Son Mariña, a historia dunha nena celíaca.

Recibimos a visita do contacontos da asociación ACEGA (asociación de celíacos de Galicia) para concienciar ao alumnado sobre a alimentación saudable.

Aquí deixamos un pequeno video.

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO (ED550-B), CURSO 2023/2024.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

Procedemento de ADMISIÓN DE ALUMNADO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024.
· Prazo de presentación de solicitudes:  do 1 ao 20 de marzo

  Solicitude admisión e Anexo II Bis en galego.

Solicitud admisión y Anexo II Bis en castellano.

Xunto a solicitude e o anexo hai que entregar:

  • Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
  • De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

  IMPORTANTE: A solicitude, xunto co Anexo II Bis deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do menor.

 · O formulario de solicitude  pode presentarse:

  • Na secretaría do centro, en horario de 09:30 a 11:00 e 12:45 a 13:45 Hai que recoller o  impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación indicada arriba.
  •  A través da aplicación  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/(solicitudes>admisión).    A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto con toda a documentación indicada arriba.

 Outra información de interese: 

- Vacantes ofertadas.

 - Área de influencia do CEIP Arealonga.

Criterios de baremo.

Número para resolver o empate na puntuación baremo admisión 2023/2024

 - Cálculo da renda no apartado de baremo.

Manual para as familias.para cumprimentar a solicitude de admisión.

 

   Calendario do proceso

 
⇒ Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

 ⇒ Número de desempate na puntuación final de admisión no curso 2023/2024.

 ⇒ Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

 ⇒ Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo (ambos incluidos).

⇒ Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión.  Do 21 de marzo ao 11 de abril.

 ⇒ Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:  25 de abril.

 ⇒ Reclamación das  listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:  do 26 de abril ao 3 de maio. (na secretaría do centro onde presentou a solicitude)

 ⇒ Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.

 ⇒ Reclamación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, no prazo de 1 mes presentación de Recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra.

 ⇒ Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: Do 20 ao 30 de xuño, (en xuño publicaremos máis información sobre este punto).

 ⇒ Formalización da matrícula en ESO: Do 23 de xuño ao 07 de xullo. (consultar na páxina web do centro de Ensinanza Secundaria onde se vaia a formalizar a matrícula por se teñen uns días específicos para a matrícula de cada curso)

 Normativa

    DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Anexo I

     Orde de 21 de octubre de 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedimiento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánicaca 2/2006, do 3 de mayo, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembre de 2022).

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut