Skip to Content

INFORMACIÓN MATRÍCULA. CURSO 2023/2024

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado solicitante de praza para o vindeiro curso 2023/2024.

As listaxes están expostas nos taboleiros de anuncios internos dos edificios do CEIP Arealonga.

 

PRAZO DE MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño de 2023,

na secretaría do CEIP Arealonga de 09:15 a 13:00h.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA:

- Impreso de matrícula ( será facilitado na secretaría do CEIP Arealonga e pode descargarse dende este enlace)

- 2 fotografías recentes, tamaño carné, co nome e apelidos no reverso.

- Fotocopia do DNI e/ou folla do libro de familia onde conste o alumno.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno.

- Fotocopia do libro de vacinas onde están rexistradas as que ten subministradas ata a data actual.

- Solicitude de trasporte ( si vai facer uso)

 

CONVOCATORIA BOLSAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO; CURSO 2023/2024.

Do 8 de maio ao 20 de setembro poden solicitar as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio para o curso 2023/2024, que convoca o Ministerio de Educación.

Máis información na páxina web do Ministerio de Educación e nos arquivos adxuntos.

 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

 

XORNADAS DE ATLETISMO CON MAZI (XOGADE)

Unha xornada moi divertida na que, ademáis de esforzarnos moito, pasámolo moi ben.

Álbum: Educación Física -> XORNADAS DE ATLETISMO CON MAZI (3 de maio 2023)

Fisioterapia na prevención da dor de costas en escolares

En Abril, recibimos a visita de Varios Fisoterapeutas do COFG dentro da campaña 

“Fisioterapia na prevención da dor de costas en escolares”

orientada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, ten por obxectivo previr desde a infancia lesións músculo-esqueléticas provocadas por malas posturas, ademáis de crear conciencia de xogo saudable, promover o xogo en grupo e ensinar a compartir e impulsar a relación do/a neno/a con a súa contorna, estimulando a coordinación e o seu desenvolvemento motriz.

Aquí quedan algunhas fotos de esta visita tan útil.

 

Álbum: Educación Física -> Prevención Dor de Costas (Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia)

Xornadas Xogade co Colexio San Francisco en Abril do 2023

Enmarcado no programa XOGADE e dentro do "Proxecto de vida activa deportiva", recibimos a visita do Colexio San Francisco para compartir unha xornada de deporte e xogos moi divertida.

Álbum: Educación Física -> Xornadas xogade co colexio San Francisco Abril 2023

DÍA DO LIBRO

Conmemoramos o día do Libro cunhas sesións de contacontos nas que o alumnado de 6º de Educación Primaria leu aos pequechos e pequechas de Educación infantil diferentes contos na biblioteca do cole. Foi unha actividade moi divertida para todos e todas!!

LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024

 

Nos taboleiros internos do CEIP Arealonga, podense consultar as listaxes provisonais do alumnado que presentou a solicitude de admisión para o curso 2023/2024.

RECLAMACIÓNS ÁS LISTAXES PROVISIONAIS: DO 26 DE ABRIL AO 3 DE MAIO DE 2023 

LISTAXES DEFINITIVAS:  15 DE MAIO DE 2023

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2023 (de non presentar a a matrícula nas datas sinaladas, perderáse o dereito á praza adxudicada).

Ven ao cole en bici ou patinete: Estreamos aparcadoiro.

Está a túa familia cansa  de non atopar sitio para aparcar cando te traen ao cole? Pois vinde en bici ou patinete e utilizade o este estupendísimo aparcadoiro. Animádevos.

Pincha na foto para despregar o albúm.

Álbum: Sen categoría -> Bicis no patio: Aparcadoiro Vaibike
Distribuir contido


by Dr. Radut