Skip to Content

Taboeiro de anuncios

LISTAXE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2022 - 2023 (consultar no taboerio de anuncios do centro)

Publicada, no taboeiro de anuncios do CEIP Arealonga, a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022 - 2023.

Lembramos que deben formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño para o que deberán presentar na secretaría a seguinte documentación:

  • 3 fotos tamaño carné
  • Fotocopia del DNI do alumno (no caso de que o teña) ou libro de familia.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia da cartilla de vacinas
  • Soliicitude correspondente no na secretaria do centro

HORARIO DE SECRETARIA DO 20 AO 30 DE XUÑO:

10:00 A 30:00 HORAS

TELF: 886151838

 

 

Entrega de boletíns e vacacións de Semana Santa.

Estimadas familias:

        O VENRES 8 de ABRIL os/as titores/as do centro  entregarán o boletín de cualificacións ao seu alumnado en horario de mañá.
Lémbrase que o alumnado terá que entregarlle aos seus titores/as o resgardo das notas firmado polos pais/nais á volta das vacacións de Semana Santa.
As familias tamén poderán consultar o boletín de notas a través da aplicación ABALAR (a partir das 15:00 h).

O periodo de vacacións de Semana Santa abranguerá do 11 de abril ao 18 de abril, ambos os dous incluídos, reanudándose as clases o martes 19 de abril.

                                                                                                   BOAS VACACIÓNS
                                                                                                   CEIP AREALONGA

Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos (EII Vagalume)

A listaxe definitiva de alumnado admitido para 1º curso de EP no CEIP Arealonga, procedente do centro adscrito:EEI Vagalume, estará exposto, a partires de hoxe, no taboeiro de anuncios do CEIP Arealonga.

Informamos que está admitido todo o alumnado que presentou a solicitude.

ABERTO PRAZO DE RESERVA PARA O ALUMNADO DE 6º QUE CONTINUE ESTUDOS NO IES CASTRO ALOBRE (CENTRO ADSCRITO)

Para alumnado de 6º que pretenda continuar estudos no I.E.S. Castro Alobre durante o o vindeiro curso 2022 - 2023.

PRAZO: Do 11 de Xaneiro  ao 8 de Febreiro.

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 que modifica a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro adscrito (Castro Alobre), deberá presentar no centro de orixe (CEIP Arealonga) o modelo normalizado de reserva de praza que acompaña a esta nota informativa, ata o martes 8 de febreiro.

Tamén é posible utilizar a aplicación informática admisión/alumnado no seguinte enderezo electrónico:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Solicitudes-Reserva-Crear.

Ou aquí directamente:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/SolicitudeReserva-execute.action?OWASP_CSRFTOKEN=1CK7-6GO6-XPMJ-UZ3Q-3BM2-XB1C-0EMY-8BD4

Imprimirase e presentarase na secretaría do CEIP Arealonga,

ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. TT

Tamén pode presentarse por via telemática utilizando a SEDE ELECTRONICA (para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital.

(Horario atención ao público da secretaría:

Luns a venres de 09:15 a 11:00 e de 12:45 a 13:45).

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través de esta aplicación informática utilizando o código de solicitude e o numero de DNI da persoa solicitante.

Esto será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición (CEIP Arealonga) antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (do 1 ao 21 de marzo).

As familias do alumnado que opten por un centro secundaria distinto ao IES Castro Alobre, terán que presentar solicitude de admisión de praza no centro elexido do 1 ao 21 de marzo

A presentación de solicitudes de admisión noutro centro sen facer a devandita renuncia, terá a consideración para os efectos de perda da prioridade.

Este alumnado deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición (Castro Alobre).

So para alumnado de 6º curso. 

CEIP AREALONGA
Vilagarcia de Arousa, 10 de xaneiro de 2021.

 

CONSELLO ESCOLAR: ELECCIÓNS - Aberto o prazo de presentación de candidaturas

 

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS E PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Se queres presentar a túa candidatura para formar parte do Consello Escolar, aquí deixamos un modelo:

MODELO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA

O censo de responsables estará exposto no taboeiro de anuncios do centro a partires do luns 9 de novembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut