Skip to Content

Blogues

DÍA DA PAZ

CONMEMORAMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA CUN MURAL COLABORATIVO E CANTANDO TODOS E TODAS XUNTOS POLA LIBERTADE!!!

COMUNICACIÓN E EMPATÍA

AO LONGO DESTA SEMANA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON EN OBRADOIROS PARA TRABALLAR A COMUNICACIÒN ASERTIVA E A EMPATÍA, A TRAVÉS DE XOGOS E DINÁMICAS DESEÑADAS POLA PSICÓLOGA SOCIAL JENIFFER HERBÓN.

APRENDEMOS A CONVIVIR MELLOR!!

 

RECREOS ACTIVOS E INCLUSIVOS

ESTE CURSO ESTAMOS A DESENVOLVER O PROXECTO DE PATIOS ACTIVOS E INCLUSIVOS CO ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

OS NENOS E NENAS DISTRIBUÉNSE NOS DIFERNTES ESPAZOS CON  XOGOS ROTATIVOS E SON ELES MESMOS OS RESPONSABLES DE LEVAR E RECOLLER O MATERIAL, CONFORME AOS HORARIOS E ESPAZOS ESTABLECIDOS.

 

RESERVA PRAZA I.E.S. CASTRO ALOBRE

ED550A: Reserva de praza, cambio de un centro a outro ao que se está adscrito (do CEIP Arealonga ao IES Castro Alobre).

Só para alumnado de 6º curso que desexe continuar estudos no IES Castro Alobre.

Prazo 15/01/2022 ao 05/02/2023

Para presentar unha solicitude deberá seguir as seguintes instruccións:

Instruccións reserva de praza no IES Castro Alobre

Para descargar a solicitude, prema no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Deberáse imprimir e presentala cumprimentada, na secretaria do CEIP Arealonga ou pola sede electrónica:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

xunto á seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do alumno/a.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente no que figuren o/a alumno/a e demáis membros da unidade familiar.
  • De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.

Horario atención ao público:

9:30 a 11:00

e 12:45 a 13:45

No caso de querer continuar estudos noutro IES distinto ao Castro Alobre, deberá presentar a  súa renuncia na secretaria do CEIP Arealonga,

Renuncia voluntaria de praza escolar

e esperar a presentar a solicitude de admisión no IES elexido, do 1 ao 20 de marzo:

RECOLLIDA DE NOTAS E VACACIÓNS DE NADAL

 

escudo CEIP Arealonga

Estimadas familias:

        O XOVES 21 de DECEMBRO o profesorado titor entregará o boletín de cualificacións ao seu alumnado en horario de mañá.  Asi mesmo as cualificacións apareceran na aplicación ABALAR a partires das 15:00 horas.
Lémbrase que o alumnado terá que entregar o resgardo das notas, asinadas polos pais/nais/titores, á volta das vacacións de Nadal.

O período de vacacións de Nadal abrangue do 22 de decembro de 2023  ao 7 de xaneiro de 2024, ambos os dous incluídos, retomando as clases o luns  8 de xaneiro.
Aproveitamos para expresar os nosos mellores desexos a todas as familias nestas datas tan sinaladas.

FELICES FESTAS
CEIP AREALONGA

 

 

OBRADOIRO STOP MOTIONS

 

VER INFORMACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO

Distribuir contido


by Dr. Radut