Skip to Content

Taboeiro de anuncios

CONSELLO ESCOLAR: ELECCIÓNS

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Anunciamos o sorteo público para constitución da Xunta Electoral que supervisará o proceso das eleccións.

Estará formada pola directora, un mestre/a, un pai, nai ou titor legal e un representante da administración e servizos designados estos tres últimos por sorteo público que se celebrará o vindeiro venres 28 de outubro, as 12:00, na sala de profesorado do CEIP Arealonga.

 

AMPLIACIÓN AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/2023

Publicado no Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro de 2022 a Resolución de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar (incremento de 25 €)

Non é necesario facer unha nova solicitude senon que as familias que recibirón o vale de material de 50,00€ unicamente terán que recoller o novo vale por importe de 25,00€, na Secretaria do CEIP Arealonga a partires do luns día 17 de outubro

Os vales deben empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

URXENTE: Modificación da Xornada Escolar do xoves día 15 de Setembro

Este xoves día 15, a volta ciclista á comunidade galega atravesará o Concello de Vilagarcía durante a mañá. Debido a elo, as rúas estarán pechadas, polo que, o devandito día:

a xornada escolar rematará ás 12:30 h para EI e EP.

 

O transporte escolar funcionará nese horario, polo que prégase ás familias, permanezan atentas a  recollida dos seus fillos e as súas fillas, nas paradas correspondentes.

 

EDUCACIÓN INFANTIL: "AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN" CONCELLO DE VILAGARCÍA

Un ano máis, o Concello de Vilagarcía de Arousa ven de convocar as "Axudas á escolarización" que cada ano pretenden servir de axuda económica ás familias.
Trátase dunha axuda de 60€ dirixida ao alumnado de Educación Infantil ( de 0 a 6 anos), etapa educativa non obrigatoria.

O prazo está aberto desde o pasado día 1 de setembro ata o día 30 do propio mes.

Descarga aquí as bases.

Descaraga aquí a solicitude.

Para presentalas: Telemáticamente na SEDE ELECTRÓNICA ou presencialmente no propio Concello

EDUCACIÓN INFANTIL: "AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN" CONCELLO DE VILAGARCÍA

Un ano máis, o Concello de Vilagarcía de Arousa ven de convocar as "Axudas á escolarización" que cada ano pretenden servir de axuda económica ás familias.
Trátanse dunha axuda de 60€ dirixida ao alumnado de Educación Infantil ( de 0 a 6 anos), etapa educativa non obrigatoria.

O prazo está aberto desde o pasado día 1 de setembro ata o día 30 do propio mes.

Para ver as bases prema aquí: Bases

"Axudas á escolarización concello de Vilagarcía"

E aquí para descargar o impreso de solicitude que poderá presentar na SEDE Electrónica  ou, presencialmente, no propio Concello

 

Reunión familias alumnado 4 e 5 anos

Estimadas familias do alumnado de 5º e 6º  curso de Educación Infantil (4 e 5 anos):

 

O  martes día 6 de setembro están convocados  a unha reunión que terá lugar ás 11:00 horas no edificio Vagalume.

 

Esperamos a súa asistencia.

             Moitas grazas.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Convocado o Fondo solidario de libros e axudas para material escolar.

Acceda á información premendo neste enlace

Pódense presentar ata o día 22 de xuño de 2022:

por via telemática:   Enlace para presentar a solicitude por vía telemática

ou presentando os seguintes anexos debidamente impresos e cumprimentados, na secretaria do centro:

Anexo I             Anexo II

Calendario

TRAMITES PRAZO
Presentación de solicitudes.................... Ata o22 de xuño
Publicación de listaxes provisionais......... 08 de xullo
Reclamacións ás listaxes provisionais...... 11 e 12 de xullo
Publicación das listaxes definitivas.......... 15 de xullo
Entrega vales axudas libros e material.... Mes de setembro
Entrega libros do Fondo Solidario........... Na aula, ao inicio do curso
Distribuir contido


by Dr. Radut