Skip to Content

Blogues

ABERTO O PERIODO DE AMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

VEN AO NOSO COLE 1 VEN AO NOSO COLE 2

Do 1 ao 20 de marzo está aberto o periodo de admisión

nos centros docentes sustentados con fondos públicos

 Todas as instruccións na páxina:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

É posible recoller os impresos de matrícula na secretaria do centro e entregalos, xunto coa documentación necesaria, na mesma secretaria.

Documentación admisión alumnado 2024/2025 a entregar na secretaria:

  • Solicitude galego      Solicitude en castelán
  • Anexo II Bis (Inclúido no impreso de solicitude)
  • Fotocopia do dni do alumno (si o ten)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumnado e demais membros da unidade familiar
  • Certificado de matricula (para cursos distintos de 4º de Educación Infantil
  • De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e convenio regulador, onde conste a custodia do menor
  • Solicitude de comedor (para os que o precisen)

Tamén poden descargarse dende a páxina admisión alumnado e presentalos en secretaria ou telemáticamente, na mesma páxina ou coa chave 365 ou certíficado dixital.

Consulte aquí o calendario do proceso de admisión.

Horario atención ao público secretaria

luns a venres 9.15 a 13:30

OFERTA PÚBLICA DE VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

Publicamos a oferta de prazas vacantes para o vindeiro curso 2020-2021.

OFERTA PÚBLICA DE VACANTES PARA O CURSO 2023-2024

Lembramos que o periodo de admisión  de alumnado que se matricule por 1ª vez ou proceda doutros centros educativos, abranguerá do 1 ao 20 de marzo.

Nestá páxina póderá descargar os impresos e presentalos na secretaria do centro ou facelo de maneira telemática.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

VEN AO NOSO COLE 1

VEN AO NOSO COLE 2

 

RESERVA PRAZA I.E.S. CASTRO ALOBRE

 

Escudo arealonga

Estimadas familias:

Informamos que foron admitidas todas as solicitudes de reserva para cursar ESO  no IES Castro Alobre.

Pódese consultar a listaxe no taboeiro de anuncios do CEIP Plurilingüe Arealonga.

Saúdos

 

 

DISCIPLINA POSITIVA

NA ESCOLA DE FAMILIAS DESTE TRIMESTRE ABORDAMOS O TEMA DA DISCIPLINA POSITIVA, PARA EDUCAR CON LLÍMITES PERO DESDE O RESPECTO.

JENIFFER HERBÓN DEIXOUNOS ESTAS RECOMENDACIÓNS PARA PROFUNDIZAR NO TEMA

11-F DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

PARA VISIBILIZAR O PAPEL DA MULLER NA CIENCIA DESENVOLVEMOS CO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA OBRADOIROS DE MULLERES CIENTÍFICAS E MULLERES INVENTORAS, IMPARTIDOS POLA ENTIDADE "CIENCIA EN MOVEMENTO". 

ESCOLA DE FAMILIAS: EDUCAR DENDE O RESPECTO

Unha vez máis contaremos coa psicóloga Jennifer Herbón Otero, experta en disciplina positiva, para este obradoiro, dirixido ás familias, no que teremos a oportunidade de abordar temas  respecto á educación dos máis novos e como enfrentarmos, dunha maneira positiva e eficiente, ao reto diario que eso supón.

Esperámosvos.

Educar no respecto

DÍA DA INTERNET SEGURA

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) súmase ao Día Intenacional da Internet Segura.

O CPEIG recorda algunhas medidas básicas de protección para mitigar os riscos e protexer os datos persoais e profesionais. Estas son algunhas das medidas destacadas:

  • Sentido común. A prudencia é a mellor barreira contra o malware (software malicioso).
  • Actualiza o sistema operativo e aplicacións. Todos os sistemas operativos contan con ferramentas para manter actualizados os seus equipos.
  • Instala un bo antivirus. É unha ferramenta imprescindible para un correcto funcionamento dos equipos cando estean conectados a Internet. 
  • Coida os contrasinais. A regra de ouro para estar seguro en liña é contar cun contrasinal aleatoria forte e distinta para cada sitio web, especialmente para uso nos destinados a banca en liña e comercio electrónico.
  • Precaución coas redes Wi-Fi públicas. Os puntos de acceso a internet sen fíos e gratuítos estendéronse por múltiples espazos pero son altamente inseguras.
  • Engade controis parentais. Os máis pequenos tamén se conectan a internet. Así que deben estar advertidos sobre as ameazas que poden atoparse en liña.
  • Usa as redes sociais con cabeza. Os usuarios de redes sociais deben ter coidado co que comparten nelas, xa que non é conveniente compartir información persoal, incluíndo imaxes privadas, direccións postais ou números de teléfono, levando un control exhaustivo das amizades e en redes sociais.

No adxunto tedes un conto destinado a nenos e nenas de entre sete e doce anos no que se mestura narración e ilustración. É unha historia na que se conta dun xeito lúdico os perigos da rede e os segredos da ciberseguridade. Esta publicación achega aos máis novos valores e oportunidades na esfera dixital, pero tamén as normas e límites para un uso seguro da Internet. 

 

PRESENTAMOS O PROXECTO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

OS ALUMNOS E ALUMNAS MEDIADORES DESTE CURSO 2023/24 FORON POR TODAS AS CLASES DE EDUCACIÓN PRIMARIA EXPLICANDO QUE É A MEDIACIÓN, E COMO FACER USO DESTE SERVIZO PARA RESOLVER OS PROBLEMAS DE CONVIVENCIA A TRAVÉS DO DIÁLOGO.

Distribuir contido


by Dr. Radut