Skip to Content

Taboeiro de anuncios

ABERTO O PERIODO DE ADMISIÓN

 

Admisión

 Do 1 ao 20 de marzo está aberto o periodo de admisión nos centros docentes sustentados con fondos públicos

 Para consultala orde podedes premer noseguinte enlace

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113

 

Para encher e descargar os impresos premede no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Impreso admisión
 

Os impresos poden presentarse telemáticamente na sede electrónica con certificado dixital , imprimilos dende o enderezo anterior e presentalos cubertos na secretaria do centro ou recollelos e presentalos na secretaría do centro.

As solicitudes, presentadas na secretaria do centro, deben ir acompañadas de:

- Certificado de matricula do centro de procedencia (agás os que queiran matricularse en 4º curso de educación infantil)

- Fotocopia do libro de familia ou  documento que acredite a idade do alumno.

-  De darse o caso: sentenza xudicial de separación ou divorcio e /ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

Só se pode entregar un impreso na secretaría do 1º centro elexido, poñendo este en 1º lugar.

De non facelo así perderanse tódalas prioridades.

 

Para entregar os impresos temos o seguinte horario:

Horario secretaria atención ao público:

9:15 a 10.30 e 13:15 a 14:15

ENTROIDO 2018

 

Estimadas familias: O vindeiro VENRES día 9 de febreiro, celebraremos o ENTROIDO no colexio.

Este ano xirará en torno ao tema “VIDA SAUDABLE”. Os titores, titoras proporán ideas ao  seu alumnado. A nosa pretensión á hora de confeccionar os disfraces  é reciclar o que temos na casa botándolle un pouquiño de imaxinación, facendo o mínimo gasto posible.

Se o permite a climatoloxía , realizaremos un pequeno desfile polo recinto do colexio para rematar coa degustación de  produtos típicos, polo que solicitamos a colaboración das familias para que os nenos/as traian: filloas, orellas, flores, rosquillas, etc.

Lémbramos que as clases reanudaranse o xoves 15 de febreiro.

 

Esperamos contar coa súa colaboración.

Un saúdo 

Distribuir contido


by Dr. Radut