Skip to Content

6º Curso

PERCORRIDO HISTÓRICO-LITERARIO POR VILAGARCÍA DE AROUSA

O alumnado de 6º fai un percorrido histórico-literario polas rúas de Vilagarcía. Organiza e prepara esta bonita excursión, a profesora Ánxeles Vilas. A profesora Beatriz Prieto fai a reportaxe fotográfica, que quedou plasmada neste vídeo.

IGUALDADE NO DEPORTE

Seguimos a recibir no noso cole, dentro do noso Plan de igualdade, a visita de deportistas  para visibilizar o papel da muller na práctica de diferentes disciplinas deportivas, eliminando calquer tipo de estereotipo de xénero.

Nesta ocasión foi Aroa Paulos, taekwondista galega, quen nos fixo unha demostración deste deporte ao alumnado de 6º de Educación Primaria e animou a nenos e nenas a practicar esta disciplina deportiva.

MULLERES CIENTÍFICAS

Fomentar a voccación científica entre as nosas nenas é un dos obxectivos do noso Plan de iguadade de cara a eliminar estereotipos de xénero e conseguir unha igualdade real na sociedade. Con este fin o alumnado de 6º de Educación primaria participou no obradoiro "Excelentes mulleres científicas" organizado por Ciencia en movemento. Imaxinación, experimentos e cultura científica para compartir e aprender!!

XOGANDO A SER LIBRES

COA COLABORACIÓN DA ÁREA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VILAGARCÍA, O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ESTÁ A PARTICIPAR NUN OBRADOIRO DENOMIDNADO "XOGANDO A SER LIBRES" NO QUE APRENDEN A RECOÑER AS SÚAS EMOCIÓNS E REFLEXIONAN SOBRE ALGÚNS DOS ESTEREOTIPOS QUE EXISTEN NA NOSA SOCIEDADE E QUE ENTORPECEN O CAMIÑO CARA A PLENA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES.

OBRADOIRO DE MULLERES INVENTORAS

DENTRO DO PROXECTO DE IGUALDADE DO NOSO CENTRO, HOXE OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON NUN OBRADOIRO PARA RECOÑECER O IMPORTANTE PAPEL DA MULLER NO MUNDO DA CIENCIA, COÑECERON OS INVENTOS E DESCUBRIMENTOS CIENTÍFICOS DE ALGUNHAS DELAS  E REALIZARON DIFERENTES EXPERIMENTOS MOI DIVERTIDOS!!!

 

PANXOLIÑA 6ºB

O ALUMNADO DE 6ºB DE E.P. QUEREN DESEXARVOS BO NADAL CON ESTA PANXOLIÑA INVENTADA POR ELES:

  

BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Dentro do Plan Director, hoxe o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu unha charla impartida por membros da Policía Nacional na que lles lembraron a importancia de facer un bo uso do móbil, as redes sociais, os videoxogos... de cara a previr futuras adiccións a estas tecnoloxías.

Ademais falaron do acoso a través das redes, o ciberbullyng, o sexting...para que nenos e nenas comprenderan os riscos aos que poden enfrontarse se fan un uso inadecuado destes recursos tecnolóxicos.

ALUMNADO DE 6º DE ED.PRIMARIA

Xa está na páxina web do IES Castro Alobre a información para a matrícula no curso 21-22. O máis importante son os días preferentes para a matrícula e o impreso de matrícula de 1º de ESO. 

Os días preferentes para a matrícula son:

- 1 de xullo: Arealonga e Escardia
- 2 de xullo: A Lomba e admitidos doutros centros

No propio impreso de matrícula, respecto a sección bilingüe hai que ter en conta que actualmente a sección bilingüe en inglés abrangue 2 materias: Educación Física e Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Pola súa parte a sección bilingüe en francés abrangue a materia de matemáticas. O criterio que se seguirá para decidir que alumnos/as entran na sección bilingüe será a consulta do seu expediente académico, sendo os expedientes coas notas máis altas que o soliciten os que poderán acceder.

Inicio

CONVIVENCIA

CONVIVENCIA COA AXUDA DOS CANS

Hoxe os rapaces e rapazas de 6º de Educación primaria aprenderon valores sociais tan importantes como a superación persoal, a empatía, a importancia da axuda mutua e a colaboración... a través das  divertidas dinámicas que nos ofreceron as compoñentes de Cocan (intervencións asistidas con animais), coa axuda das cadeliñas e o protagonista da sesión, Tom, un can que superou o abandono e a agresividade grazas a convivencia con estas cadeliñas e as súas donas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut