Festival de Nadal

Festival de Nadal

Festival de Nadal

Día Contra a Violencia de Xénero

Etiquetas :

Hoxe, 25 de novembro, nace #Equaliter.

#Equaliter é un proxecto colaborativo entre 31 centros da nosa comunidade para dar visibilidade as palabras dos máis novos, para que as súas verbas saíran das 4 paredes que forman cada un dos nosos centros.

Desde o CEIP Aquilino Iglesia Alvariño só podemos dar as grazas a cada mestre e mestra, cada equipo directivo que apostou por este proxecto e, por suposto a VÓS, alumnado dos nosos centros, vós sodes os que cambiaredes a nosa sociedade.

GRAZAS a vós o noso mundo dende hoxe xa empeza a mudar!!

Grazas a Cris Román, Vilalbesa de corazón, que nos cedeu a súa canción e puxo banda sonora as nosas palabras.

Conta Contos

Conta contos do noso alumno Pablo ao alumnado de Educación Infantil!!! que ben o pasaron e con dúbidas non quedaron....

Samaín 2017

O día 31 de outubro celebramos o Samaín no CEIP Aquilino Iglesia Alvariño!
Entre outras actividades fixemos un concurso de cabazas. Houbo una grande participación polo que os nenos e nenas tiveron moi complicado a elección da súa cabaza favorita.
Finalmente os galardonados foron:
- Na primeira categoría: Erik Lorigados de 5º de Educación Infantil.
- Na segunda categoría: Antía Cortiñas de 2º de Educación Primaria.
- E na terceira categoría: Alba Agrelo de 4º de Educación Primaria.
Polo esforzo e colaboración os Mestres agasallaron aos rapaces e rapazas cun marcapáxinas monstruoso.
Noraboa a todos/as e.... VIVA SAMAÍN!

Samaín 2017

ALIMÉNTATE BEN - Proxecta

Etiquetas :

Podes ver un reportaxe fotográfico das distintas actividades premendo na foto.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Etiquetas :

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

O prazo remata o 23 de xuño.

Día das LETRAS GALEGAS

O GALIÑEIRO DOS AQUILINOS

 

 

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design