blogue demarta

Semana do Libro 2024

Etiquetas :

Se coa lectura queres disfrutar accede á nosa biblioteca de Lerflix ou del Ler+ para todos os cursos. Premede na imaxe e escollede o voso curso.

Boa Viaxe a través dos libros.

A primavera de Xela

 

Día da Paz 2021

Etiquetas :

Os Aquilinitos Fican na casa

Etiquetas :

#EuFicoNaCasa

Etiquetas :

Propostas de actividades

Etiquetas :

https://classroom.google.com/u/1/h

Neste enlace podedes acceder ao traballo por clases para cada un dos nenos e nenas que formades parte da nosa querida Comunidade.

Estes días son complicados pero establecer unhas rutinas tamén é bo.

Como xa sabedes hai un número de teléfono a vosa dispoñibilidade para solventar calquera dúbida.

 

Un saúdo.

 

Esperemos vernos pronto

Alerta Sanitaria e Cancelación das clases

Etiquetas :

Benqueridas familias:

Dende o claustro de Mestres do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño informámoslles de que a partir do vindeiro luns día 16 ata dentro de 14 días o centro permanecerá cerrado para a docencia.

Pregámoslles que, na medida do posible, só asistan ao centro en caso necesario e manteñan a corresponsabilidade de non saír das súas casas se non é necesario.

Tedes na páxina da Xunta toda a información relativa ao procedemento a seguir nesta crise sanitaria, considerada a día de hoxe pola OMS como pandemia.

De igual xeito, o profesorado traballou desde onte para que os nenos e nenas non perdan o ritmo de traballo establecido durante este trimestre polo que pregamos sigan as instrucións elaboradas polos mesmos para o día a día.

De momento, desde esta dirección, só temos as recomendacións que anunciou onte á mañá o presidente da Xunta de Galicia polo que se hai novas, dende o luns atenderei telefonicamente a todas aquelas familias que así o consideren para resolver as dúbidas que poidades ter ao longo destes días ou novidades das que debérades ter información.

Esperando que se estabilice toda esta situación solicitamos, de igual modo, que si algún caso aparece na nosa comunidade educativa ou vos propoñen para permanecer en cuarentena nolo fagades saber para alertar ao resto do alumnado, familias ou  persoal que formamos parte desta, nosa comunidade.

Sen máis, recibide un cordial saúdo.

                                                                                              En Abadín, a 13 de marzo de 2020

Marta Paredes Fraiz

Directora do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design