Actividades

Actividades

Experiencie Dinosauria

Os peques de infantil, 1º e 2º de primaria disfrutaron o pasado mércores 13 de marzo de unha saída relacionada co PROXECTO DE DINOSAUROS,que todos eles compartiron nas aulas . Pincha na imaxe para ver un breve resumo:

 

Chega o entroido e con el... os mandatos do Trasno!

Se o entroido queres gozar dende luns os mandatos terás que acatar!

Pinchade na imaxe e preparádevos.

Día internacional dos dereitos da infancia

O pasado luns celebramos o Día Internacional dos dereitos da Infancia.

Durante este curso consideramos adicarllo ao Dereito de todo neno e nena a ter un fogar.

A nosa biblioteca converteuse nunha habitación infantil e todos e todas, preparados en pixama, esperábamos ansioso a visita das nosas familias para comezar un maratón de contacontos.

Premede na imaxe para ver como saiu todo.

Día Contra a Violencia de Xénero

Durante estas semanas traballamos cancións de xogos populares da nenez dos nosos pais, avós, tíos.... e... atopámonos con cousas que non nos gustaron nada.

Aquí vos deixamos o por que da nosa negativa ante estas cancións e a nosa opción para melloralas.

Premede na seguinte imaxe e veredes o resultado.

Día internacional dos dereitos da infancia

O vindeiro día 20 de novembro celebraremos o Día Internacional da Infancia. Para este evento tan importante contaremos coa visita de 9 familias que virán a un maratón de contacontos.

Deste xeito unímonos O día do Pixama, iniciativa da Asociación Acougo, para o dereito a un fogar de todos os nenos e nenas.

Podedes ver o cartel dos contacontos premendo sobre a seguinte foto.

Samaín e Magosto. Tradición e cultura

Durante o día de mañá, a Fraga do Trasno xunto coa materia de Educación Física e o seu mestre Ramiro, organizarase o Samaímagosto no cole.

A programación será a seguinte:

Xa podedes ver o resumo pinchando na seguinte foto:

Vive o Samaín no cole!

Achégase a celebración do Samaín e con el o gran concurso de cabazas.

Dende a Biblioteca, Aquilino, anímavos a participar no mesmo. Pinchade sobre a imaxe e descubride que se lle ocorreu ao noso Trasno este ano.

Día das letras galegas 2023

Día das letras galegas: Francisco Fermnández del Riego. Premede na imaxe para ver a actividade.

 

 

Traballamos de igual forma a súa figura a través do material anexo recollido neste pequeno vídeo de recapitulación.

 

Semana das múltiples capacidades

Etiquetas :

A semana das múltiples capacidades estivo adicada aos contos e dende biblioteca propúxose esta actividade de lectura para sensibilizar ao alumnado.

Pódese ver a actividade premendo na imaxe.

 

A arte de aprender

Benvidos a arte de aprender. O museo "A Fraga do Trasno" abre as portas para presentarvos o proxecto anual de Biblioteca.

Podedes acceder a toda a información premendo nas imaxes.

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design