Benvida
Benvidos/as ao sitio Web do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín
Día da familia: A familia que se escolle
O pasado 15 de maio celebramos unha xornada compartida coa nosa comunidade educativa.
O noso alumnado, profesorado, nais e pais e parte dos usuarios do centro de Día de Abadín celebramos o primeiro encontro das Familias que se escollen.
Como invitados tivemos a sorte de contar con XOTRAMU e algún que outro taller de manualidades así como o Karaoke que montaron a nosa Teacher coa auxiliar de conversa.
Tedes a continuación un vídeo resumo de todas as actividades que realizamos premendo na seguinte imaxe.
Aproxímase o Día da Familia
O vindeiro 15 de maio celébraremos o día da Familia. O centro volve abrir as súas portas para recibirvos, para recibir a unha parte fundamental da nosa comunidade educativa.
Se queredes asistir durante este día a celebralo con nós avisade a/ao vosa/o titor/a para poder distribuirnos da mellor maneira posible.
Semana do Libro 2024
Se coa lectura queres disfrutar accede á nosa biblioteca de Lerflix ou del Ler+ para todos os cursos. Premede na imaxe e escollede o voso curso.
Boa Viaxe a través dos libros.
![CEIP Aquilino Iglesia Alvariño RSS Distribuir contido](/centros/ceipaquilinoiglesia/misc/feed.png)