ENDL |
Presentamosvos a obra de teatro, escrita por Lucho Penabade " A Malla". Dirixe María Guerrero e interpreta alumnado de sexto curso de Primaria. Trata dunha divertida historia que ocorre nunha aldea chamada A Seara, onde unha parella de vellos, un maquinista e un rapáz tentan botar os ratos que invaden a aldea. Na Seara hai espectáculos, onde os trobadores cantan cos veciños. Hai animais de cartón que substitúen aos verdadeiros e son ben bonitos!. Non podemos esquecer aos veciños sabichóns que critican e remedan a todos, pero aínda así, quéreselles. Todos cantan e bailan cancións preciosas escritas por Mero. Ademaís dos que viven na aldea , vai vir unha raàza de fora á que todos chaman " a neta da casa" . Romance, comedia, música e moito máis, pero o máis importante é a intriga: conseguirán a vecioñanza botar aos ratos fóra ? Se queredes saber máis podedes ver esta obra musicada a partires do libro de Xermolos, Pan, escritas por Mero. |
|||
|
|||
Co gallo da IX Carreira das Letras Galegas de mañá queremos puntualizar varias dúbidas presentadas por diferentes canles,perdoade porque fixemos a primeira hora da tarde un Tokapp e por algunha razón non chegou.
ATENTAMENTE O EQUIPO DE E.F. do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ. |
|||
Presentación con imaxes da anterior proba clasificatoria en Mondoñedo
O próximo sábado 12 de maio de 2018 unha expedición cos triatletas do San Ramón de Vilalba acudirá a Vedra para disputar unha nova edición da Campionato escolar de Duatlón. SAÍDA DO BUS No Campo da Feira en Vilalba ás 13:00h para cargar as bicis e saída ás 13:15h. XANTAR,MERENDA-CEA
COMO CHEGAR A VEDRA Dende Santiago de Compostela tomar N-525 (Estrada de Ourense). A aproximadamente 8 km a chégase á localidade A Susana, onde se verá un indicador á dereita “SAN FINS – VEDRA”, ENTREGA DE DORSAIS
CONTROL DE MATERIAL
CATEGORÍAS E DISTANCIAS:
HORARIO DAS CARREIRAS:
PARTICIPACIÓN
TROFEOS
ENTREGA DE TROFEOS
CHEGADA A VILALBA
|
|||
Deixámosvos unha escolma de imaxes do ben que o pasamos na II Xornada clasificatoria de Atletismo escolar, moi orgullosos, e fachendosos da gran representación, non por clasificarnos todas e todos senón por pasalo ben e desfrutar a pesares do frío e da chuvia, temos uns rapaces que se esforzan, superan obstáculos e desfrutan co Atletismo. Gooo Insua Proxecto Deportivo Saudable. Esta xentiña que se deixa liar o mesmo fai Atletismo, que vai a un Worl Dance 2018 en Sitges ou compite en Loita Olímpica ou no San Ramón de Triatlón. Formamos persoas e forxamos caracteres!. CLICA EN ADXUNTOS PARA DESCARGAR OS RANKINGS POR SEXO E CATEGORÍA. |
|||
CLICA NA IMAXE PARA INSCRIBIRTE 1. INTRODUCIÓN. O próximo día 17 de maio de 2018, terá lugar a "VIII CARREIRA SOLIDARIA COLEXIO PLURILINGÜE CERVANTES" que organiza o Colexio Plurilingüe Cervantes e que se disputará en Lugo, concretamente no barrio da Milagrosa. Esta carreira xorde con fins eminentemente benéficos e todo o diñeiro recadado irá destinado ao Banco de Alimentos de Lugo e este ano ademais ás diferentes asociacións de discapacitados que traballan na provincia de Lugo.
2. ORGANIZACIÓN. Esta proba está organizada polo Colexio Plurilingüe Cervantes. Habilitarase unha carpa para recoller alimentos non perecedoiros para todos aqueles participantes que os desexen traer. Estes alimentos serán doados ao Banco de Alimentos de Lugo.
4. SAÍDAS, CHEGADAS, CONTROIS E DUCHAS. O centro neurálxico da "VIII CARREIRA SOLIDARIA COLEXIO PLURILINGÜE CERVANTES" (control de carreira, liña de meta, entrega de premios,...) estará situada na Praza Agro do Rolo. (Nova Praza da Milagrosa). Os dorsais para as carreiras de cada unha das categorías recolleranse no Colexio Plurilingüe Cervantes. Ata as 10:45h, logo non se darán máis. As saídas de todas as carreiras terán lugar na Praza nova da Milagrosa, excepto a categoría ADULTOS cuxa saída terá lugar na rúa Manuel María (diante da farmacia Labandeira). As duchas do ximnasio JUMP FITNES LUGO, situado na propia praza, estarán habilitadas para os corredores/ as que as queiran utilizar.
5. IDADE DE PARTICIPACIÓN A participación nas distintas probas virá marcada pola idade, non podendo participar en categorías diferentes ás marcadas pola idade.
6. INSCRICIÓNS As inscricións realizaranse a través da páxina http://www.championchipnorte.com/. Prazo máximo de inscrición: martes 15 de maio de 2018. Todos os corredores deberán poder identificarse en caso de requirilo a organización. Prezos: Os menores custarán dous euros e os adultos 4 euros. Estes prezos inclúen o aluguer do chip de control para as categorías que o precisen. Así mesmo, o propio día da carreira abrirase unha mesa de inscrición para todas aquelas persoas que desexen levar o dorsal solidario. Estes participantes non levarán chip e por tanto non poderán optar a premio na carreira. Non se admitirán anulacións de inscricións.
7. RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS DE CONTROL. A entrega de dorsais farase o día da carreira desde as 09:00 h ata as 10:45 h no Colexio Plurilingüe Cervantes. A partir desa hora non se entregarán máis dorsais. Todos aqueles corredores que se inscriban o propio día da carreira, farano na carpa colocada nas inmediacións da Praza. Estes corredores portarán o dorsal solidario, non levarán chip e por tanto non optarán a premio final. A partir desa hora non se entregarán máis dorsais.
8. PERCORRIDOS. (Ver regulamento na páxina de inscrición)
9. NORMAS DA CARREIRA. P Os participantes seguirán en todo momento as indicacións da Organización, xuíces, membros das Forzas de Seguridade, Protección Civil e servizo de Cruz Vermella. P Mostrarán un comportamento deportivo. P Portarán o dorsal no peito e o chip de control debidamente colocado desde antes da saída ata pasar a liña de meta. P Ao finalizar a proba, os corredores entregarán o chip de control. P Os adultos posuidores de chip amarelo deberán utilizalos; con todo para os participantes nas categorías MINI, A, B, C e D, non serán válidos os chips utilizados noutras carreiras. P Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenvolverse baixo posibles condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras. P O circuíto estará debidamente sinalizado con conos, cintas, vaias,... Así mesmo un vehículo da Organización abrirá a carreira indicando en todo momento o percorrido para realizar polos participantes. É responsabilidade de cada participante localizar a sinalización e seguila. P Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis regulamentarios establecidos para o efecto. O corredor que atalle ou recorte o itinerario, que non pase polos puntos de control ou utilice algún tipo de medio para o seu desprazamento, será descualificado. P O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do corredor, sen poder facer ningunha modificación nel. P A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan ou por causas de forza maior. P En función do número de inscritos nas diferentes categorías, a Organización poderá realizar os modificacións que considere oportunas, agrupando dúas categorías, anular algunha das categorías, etc. P O corredor asume os perigos e riscos derivados da súa participación nesta actividade deportiva, tales como: caídas, colisións con vehículos, participantes, espectadores, condicións climáticas extremas e de humidade, estado dos viarios, estradas, tráfico,... (o presente enunciado ten un carácter meramente indicativo). P O atleta que non porte o dorsal, non terá dereito ao avituallamiento final de carreira e deberá desviarse do embude final ao terminar a súa carreira pois non poderá ser identificado pola Organización como participante da "VIII CARREIRA SOLIDARIA COLEXIO PLURILINGÜE CERVANTES", podendo chegar a ser descualificado se así o estima a dirección de carreira por non cumprir o regulamento. P Os CHIPS son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do atleta que foi suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto. P A clasificación por equipos é mixta, puntuando para dita clasificación os oito primeiros clasificados de cada equipo. P Todos os participantes nas carreiras recibirán, ao finalizar a proba, unha bolsa do corredor con avituallamiento. P A Organización declina toda responsabilidade en caso de calquera lesión, padecimiento ou accidente por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do participante. P Todos os corredores que fosen inscritos na carreira estarán cubertos con seguro subscrito pola Organización. Toda aquela persoa que non fose correctamente inscrita na carreira non estará cuberta por devandito seguro. P A Organización resérvase o dereito de admisión, podendo impedir a inscrición daqueles atletas que incorresen en faltas contra o respecto, a deportividade ou as normas desta organización. P Ao realizar a inscrición, o participante autoriza ao CPR. PLURILINGÜE CERVANTES para o uso de calquera fotografía, filmación, gravación ou calquera outra forma de arquivo da súa participación representado neste evento sen dereito a contraprestación económica. P A realización da inscrición implica que os corredores leron, entendido e aceptado as condicións do presente Regulamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman posuír unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba e pasar os correspondentes controis de saúde. 10.PREMIOS. A finalidade principal desta carreira é meramente solidaria polo que non haberá premios, pero si trofeos para os tres primeiros clasificados, tanto na categoría masculina como feminina, de cada unha das probas. Tamén haberá trofeos por equipos, para iso contarán os tempos dos oito primeiros en cruzar a meta de cada equipo.
11.SORTEOS. Ao finalizar as carreiras, haberá uns sorteos, entre os participantes na categoría Adultos, de diferentes obsequios por xentileza dalgúns dos nosos patrocinadores.
12.SEGUROS. A Organización dispoñerá dun seguro de RESONSABILIDAD CIVIL, quedando excluídos os sucesos de incumprimento das leis, imprudencia, non cumprimento da regulamentación, etc. Do mesmo xeito que os casos producidos por desprazamentos á proba. Todos os participantes estarán protexidos por un seguro de accidentes, sen custo adicional, específico para esta proba, que será contratado pola Organización.
13.SUSPENSIÓN DA PROBA. A Organización resérvase o dereito de suspender a Travesía ou parte dela, en función da climatoloxía ou outras causas.
|
|||
PREGÁMOSVOS QUE INSCRIVADES VÓS AOS NENOS/S ON LINE, POLA GRAN CANTIDADE DE TRABALLO QUE LLE DA AOS RESPONSABLES, NA VOSA CASA INSCRIBIDES 1,2,3 ATLETAS E NO COLE DEBEMOS INSCRIBIR A 200. AXUDÁDENOS, GRAZAS!
Un ano máis a concellería de deportes organiza outra edición , a IX Carreira das Letras Galegas, o mércores 16 de maio en horario lectivo, a partires das 10:00 na praza da Constitución. INSCRICIÓN: Prazo de Inscrición ata o venres 11 de maio ás 12:00 am.
CATEGORÍAS:
DORSAIS: Entregaranse no cole dous días antes, é moi importante ao inscribirse sinalar o cole ao que pertencedes para que nos traian os dorsais ao cole. PERCORRIDOS:
PREMIOS:
|
|||
|
|||
CAMBIOS NO HORARIO DA II CLASIFICATORIA DE ATLETISMO. SAÍDA DO BUS diante do cole ás 9:15 am E VOLTA a partires das 8:20 do estadio aproximadamente, lembrade levar comida e bebida para xantar e merendar, darase nota e comunicarase por TOKAPP
Podedes descargar o listado de inscrición e o horario novo, aquí abaixo á dereita en adxuntos.
|
|||
O próximo domingo , 29 de abril de 2018, nas instalacións do Estadio de Atletismo, Gregorio Pérez Rivera de Lugo, sitas ao carón do pabillón do Breogán e das piscinas das Pedreiras,celebrarase a segunda xornada de probas preparatorias e clasificatorias para o Campionato Provincial Escolar que se celebrará en maio. Lembramos que o alumnado que vaia en bus debe comunicalo antes do martes, para solicitar transporte, o alumnado pode ir pola súa conta coa familia lembrando estar alí cando menos 40 minutos antes da súa proba con tempo para coller o dorsal e chegar á Cámara de Chamadas antes da súa proba. Lembramos tamén que deberán levar de xantar e merenda , froita e bebida así como a equipación do cole se dispón dela. Animádevos a participar, é unha fermosa e saudable experiencia.
Clica neste enlace para descargar o horario da II CLASIFICATORIA DOMINGO 29 ABRIL 2018 |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »