O INSUA vai ao ATLETISMO Escolar 2ª Proba Preparatoria PISTA (domingo,29 /04/2018)

O próximo domingo , 29 de abril de 2018, nas instalacións do Estadio de Atletismo, Gregorio Pérez Rivera de Lugo, sitas ao carón do pabillón do Breogán e das piscinas das Pedreiras,celebrarase a segunda xornada de probas preparatorias e clasificatorias para o Campionato Provincial Escolar que se celebrará en maio.

Lembramos que o alumnado que vaia en bus debe comunicalo antes do martes, para solicitar transporte, o alumnado pode ir pola súa conta coa familia lembrando estar alí cando menos 40 minutos antes da súa proba con tempo  para coller o dorsal e chegar á Cámara de Chamadas antes da súa proba.

Lembramos tamén que deberán levar de xantar e merenda , froita e bebida así como a equipación do cole se dispón dela.

Animádevos a participar, é unha fermosa e saudable experiencia.

 

Clica neste enlace para descargar o horario da II CLASIFICATORIA DOMINGO 29 ABRIL 2018Montaje creado Bloggif

AdxuntoTamaño
HORARIOS 1ªe 2ª CLASIFICATORIA.docx23.87 KB
NormativaPistaAireLibreescolar-2018.pdf446.37 KB
Diapositiva1.JPG261.83 KB
horario Preparatoria 2 Mañá.jpg242.34 KB
horario Preparatoria 2 Tarde.jpg248.29 KB
Probas e categorias.jpg390.65 KB
HORARIO 2ª CLASIFICATORIA..pdf138.91 KB