ENDL

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS A MAGDALENA 3 FEBREIRO 2019

 

CIRCUITOpROVINCIAL cAMPO Través Escolar 2019 Vilalba

  • LUGAR DA PROBA: Circuíto do Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).   
  • DORSAIS: reparto ás 10:20,  con tempo para pasar lista, quentar, verificar dorsais... antes da 1º proba ás 11:30h. Os dorsais non é posible entregalos antes. Pódense facer cambios ata as 11:15 soamente.  Todos deben coñecer os seus equipos para a saída e a entrega de premios por equipos. Están na web e na Entrada do cole. Na meta defínense os equipos do Campionato Galego, salvo os Benxamíns que non van ao Galego.
  •  Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo). RECUPERAR FOLGOS: traede algo de bocadillo, froita… daran auga. CATARROS E SINÓNIMOS: vai chover recoméndase que traian xa da casa, baixo o chándal, roupa óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas longas, camiseta longa ou curta. (se vai moito frío uns guantes para as mans, unha braga de montaña para a gorxa, gorro para a cabeza). ABRIGOS NON. lEVAR oupa para cambiarse: chándal, camiseta, toalliña, calcetíns e roupa interior, outro calzado seco… unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia. Hai vestiarios habilitados.
  • RESULTADOS: na caseta das bancadas iranse poñendo os resultados individuais/equipos
  • ENTREGA DE TROFEOS: Logo da carreira de Cadetes, Acto de Trofeos Individuais e de Equipos, OBRIGADOS A ESTAR POR EQUIPOS PARA COLLER OS TROFEOS. Os Resultados DEFINIRÁN equipos do GALEGO, van os dous primeiros equipos e os 8 primeiros individuais que non foron por equipo. Na web tedes máis información.

CLICA AQUÍ ABAIXO PARADESCARGAR AS INSCRICIÓNS INDIVIDUAIS E EQUIPOS.

 

 

 

RESULTADO E IMAXES DA PROBA CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS TERRA CHÁ

Montaje creado Bloggif

Montaje creado Bloggif

 

 CLICADE NAS LIGAZÓNS PARA ACCEDER AOS DOCUMENTOS EXCELL DOS RESULTADOS

BENXAMÍN FEMININO   BENXAMÍN MASCULINO  
ALEVÍN FEMININO   ALEVÍN MASCULINO  
INFANTIL FEMININO   INFANTIL MASCULINO  
CADETE FEMININO   CADETE MASCULINO  

PROBA CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS NA MAGDALENA O DOMINGO 20 DE XANEIRO DE 2019

CAMPO A TRAVÉS       domingo 20 DE XANEIRO DE 2019          PROBA CLASIFICATORIA       

http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd98/HisArtLit/01/corredores.jpg

  Participantes: Inscritos de 2º,3º,4, 5º, 6º e da E.S.O. Ver equipos na web do centro. Inscricións e cambios de última hora ata  as 10:45.

*     

Lugar da proba: Circuíto do Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).

*     

Horario das probas (lembrade que é provisional e estimado):  

*Probas Benxamíns ( 11-10):   11:00h Fem.  11:10h Masc.           * Probas Alevíns (09-08).11:25h Fem.         11,40 h Masc.

*Probas Infantís (07-06) 12,00h. Fem.               12,20h Masc.        *Probas Cadete (05-04) 12.40 Masc./Fem.   (APROXIMADO)

*     

Dorsais: reparto ás 10:00,  con tempo para pasar lista, quentar, verificar dorsais... antes da 1º proba ás 11:00h. Os dorsais non é posible entregalos antes. Pódense facer cambios ata as 10:45 soamente.  Todos deben coñecer os seus equipos para a saída e a entrega de premios por equipos. Na meta defínense os equipos do seguinte provincial.

*     

Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo). RECUPERAR FOLGOS: traede algo de bocadillo, froita… daran auga. CATARROS E SINÓNIMOS: vai chover recoméndase que traian xa da casa, baixo o chándal, roupa óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas longas, camiseta longa ou curta. (se vai moito frío uns guantes para as mans, unha braga de montaña para a gorxa, gorro para a cabeza). ABRIGOS NON. lEVAR oupa para cambiarse: chándal, camiseta, toalliña, calcetíns e roupa interior, outro calzado seco… unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia. Hai vestiarios habilitados.

*     

RESULTADOS: na caseta das bancadas iranse poñendo os resultados individuais/equipos

*      ENTREGA DE TROFEOS: Logo da carreira de Cadetes, Acto de Trofeos Individuais e de Equipos, OBRIGADOS A ESTAR POR EQUIPOS PARA COLLER OS TROFEOS. Os Resultados DEFINIRÁN equipos do PROVINCIAL o 3 febreiro na Magdalena. Na web tedes máis información.

Cartaz Campo Traves Plan PrxectaInsus 2019

XORNADA PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS 15-01-2019 NA MADALENA

Gran xornada participación escolar na primeira proba Preparatoria de Campo a Través zona da Terrá Chá con atletas de Pastoriza, Outeiro de Rei, Guitiriz, Abadín e Vilalba no circuíto da MADALENA en Vilalba.

O noso centro acudiu cunha nutrida representación sobre uns 170 deportistas, entre benxamíns, alevíns e infantís.

Podedes ver os resultados abaixo á dereita en ADXUNTOS, por categorías e por sexo.

MOITOS PARABÉNS a TÓDOLAS PERSOAS PARTICIPANTES NESTA EDICIÓN DA PREPARATORIA. SODES UNS CAMPIÓNS E UNHAS CAMPIONAS!

O próximo domingo 20 de xaneiro organizarase a sesión Clasificatoria que dará acceso ao Campionato Provincial aos dous mellores equipos de cada categoría e aos 8 primeiros clasificados que non figuren nun equipo. Omércores e o xovesson os días para se apuntar, invitamos aos atletas da ESO   e aos que o desexen para participardes.

Lembrade lavar a equipación e tela preparada para a proba CLASIFICATORIA. Os que non poidan asistir que a entreguen no recreo ao profe SUSO para borralos do listado.

COMEZA O CAMPO A TRAVÉS

cartaz-Campo-Traves-InsuaBermudez_Vilalba

Comezamos a Temporada de Deportes Escolar coas Probas de Campo a Través, non vos despistedes que temos dúas probas na mesma semana.

PROBA PREPARATORIA

martes 15 de xaneiro, en horario lectivo, regreso con tempo para o comedor.

PROBA CLASIFICATORIA

domingo 20 de xaneiro, pola mañá. (equipos segundo chegada na Preparatoria)

CAMPIONATO PROVINCIAL

domingo 3 de febreiro, pola mañá na Magdalena.

O importante e facer algo de Actividade Física e pasalo moi ben esforzándose un pouquiño, Pasaremos polas aulas para mirar as tallas de camisetas e apuntar aos que ides  participar.

A orde de chegada na Preparatoria será a empregada para facer os equipos da Proba Clasificatoria do Domingo seguinte.

Nos recreos andamos onde a árbore do campo de fútbol sala para entrenar un pouco.

   

Participantes: AUTORIZADOS DE 2º,3º,4, 5º, 6º e da E.S.O.. Prégase apuntarse soamente cando se está seguro de asistir. Estas Actividades Deportivas son  gratuítas. Quedará profesorado traballando cos que non vaian. Hai que vir ao cole!.

  Lugar da proba: Circuíto do Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).

 Horario das probas (lembrade que é provisional e estimado):  FARASE FOTO DE GRUPO ao final, prestade atención!

*Probas Benxamíns ( 09-10):   11:00h Fem.  11:10h Masc.         * Probas Alevíns (07-08).11:25h Fem.        11,40 h Masc.

*Probas Infantís (05-06) 12,00h. Fem.              12,20h Masc.        *Probas Cadete (03-04) 12.40 Masc./Fem.   (APROXIMADO)

Bus: Un bus fará os traslados dos nenos/mestres por quendas antes das 10:30,  con tempo para pasar lista, quentar, verificar dorsais... antes da 1º proba ás 11:00h. Os dorsais se é posible entréganse  antes. MOI IMPORTANTE NON PERDER O DORSAL sen el non se poderá participar.

 Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo). RECUPERAR FOLGOS: Para repoñer forzas: facer estiramentos, beber auga, comer bocadillo e froita. CATARROS E SINÓNIMOS: recoméndase que traian xa da casa, baixo o chándal, roupa óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas longas, camiseta longa ou curta. (se vai moito frío uns guantes para as mans, unha braga de montaña para a gorxa, gorro para a cabeza). ABRIGOS NON. lEVAR oupa para cambiarse: chándal, camiseta, toalliña, calcetíns e roupa interior, outro calzado seco… unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia. Podedes ducharvos nos vestiarios ou na casa. ;-)

  Nais e pais colaboradores: Prégase colaboración paraaxudar aos atletas a cambiarse nos vestiarios. Vóltase con tempo para o comedor. Os Resultados DEFINIRÁN equipos da clasificatoria.

 

NADAL 2018-19 NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

CartazNadal18-19InsuaBermudez

Tempo de Castañas e Xogos Populares no Insua

CartazENDL_Magosto_Insua_Bermudez2018

Co gallo da celebración do Magosto 2018, no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, os equipos de Normalización, Extraescolares e Complementarias e o equipo de Biblioteca, con Leolandra, organizarán o próximo xoves 15 de novembro un MAGOSTO TRADICIONAL.

Solicitamos ás familias colaboración na loxística de dous temas:

-   Traer do luns 12 ao mércores 14: unha presiña de castañas adentadas nunha bolsiña e deixalas nas caixas que estarán na entrada do cole.

-    Disfrazarse á maneira tradicional o xoves 15, suxerimos camisa de cadros, chaleco, pantalóns de pana, saia longa, mandil, pano na cabeza...

O xoves 15 de novembro de 2018 probaremos no recreo as castañas asadas e uns boliños preñados,  ao rematar haberá un circuíto de xogos populares.

Na web, na conta de Facebook e no Twitter do centro subirase; o cartaz, a nota, as Micronovas TV e o filme da reportaxe fotográfica.

Grazas pola vosa colaboración. 

  

APROXÍMASE O SAMAÍN AO INSUA BERMÚDEZ

 

Cartaz_Insua_Bermudez

            Chega a festa de SAMAIN, o CEIP Antonio Insua Bermúdez organizará unha EXPOSICIÓN DE CABAZAS RECICLADAS ARTÍSTICAS o próximo mércores 31 de outubro de 2018. Invitámosvos, a todas aquelas persoas que desexen participar, a elaborar a cabaza máis orixinal, arrepiante, artística que poidades.

            Comezade a traballar na fin de semana do 27 e 28 de outubro. Pregámos cabazas de pequeno ou mediano tamaño para facilitar o trasporte. Decorádeas con material reciclado de baixo custo e cando teñades a obra rematada, cubride a cartela identificativa que se acompaña con esta nota, completade: o nome, apelidos e o curso coa aula. Levade a cabaza e a cartela O LUNS 29 á titora ou titor da vosa clase.

            O luns 29 montaremos a exposición na entrada do cole e visitarémola en quendas o mércores 31 DE OUTUBRO, quen queira e se anime, DISFRAZARASE sen gastar “cartiños”, propoñemos traer roupa negra e maquillaxe de medo na cara ou algún disfrace do armario sempre que sexa terrorífico ou se relacione co Samaín, co medo...Non traiades nada na cabeza porque é un lío para a clase e o comedor.

 Realizaranse Micronovas TV, reportaxe fotográfica, filme e difundirase na web e RRSS do centro.

PRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL DE MANUEL MARÍA E ACTUACIÓN DO MAGO ANTÓN NA CASA DE MANUEL MARÍA

Bo día amigas e amigos.

O 6 de outubro de 1929 nacía en Outeiro de Rei da Terra Cha, Manuel María. Pois ben, este sábado, 6 de outubro, imos celebrar o 89 aniversario do seu nacemento presentando a publicación da súa Obra Teatra.  Baixo a edición da profesora María Pilar García Negro recóllense 33 pezas teatrais, moitas delas inéditas e inaccesíbeis. Será ás 18 horas, no auditorio da Casa-Museo, e intervirán a propia Pilar García Negro e o secretario da Fundación, Alberte Ansede.

Tamén, o propio sábado, ás 19 horas, retomaremos a nosa habitual programación cultural coa presentación do último espectáculo do Mago Antón. Esta actuación de maxia, dirixida para todos os públicos,  levarase a cabo no seu Magomóbil, que estará estacionado perto da Casa-Museo. As persoas interesadas en asistiren poden reservar a entrada (billete: 2 euros até os 12 anos e 5 euros para persoas maiores de 12 anos), quer escribindo a contacto@casamuseomanuelmaria.gal, quer chamando ao 698177621.

Saúdos. Casa-Museo Manuel María.

 

SUPERCONCERTO DE PABLO DÍAZ NO INSUA BERMÚDEZ

Cartaz concerto Pablo Díaz Insua Bermúdez endl biblioteca

Distribuir contido