O Magosto

E POR FIN CHEGOU O MAGOSTO!

Cuns días de retraso, pero por fin puidemos gozar dun gran día de festa onde as castañas, os xogos e a música non faltaron. A única mágoa é ter que agardar un ano máis para que volte o San Martiño...

ÁLBUM DE FOTOS

MAGOSTO 2018 by Slidely Photo Gallery

O Magosto

Este venres día 10 de novembro festexamos no cole a tradicional festa do Magosto.

Non faltaron as castañas, a música, as pintadas e as risas.

Fixádevos que ben o pasamos!

Ademais de comer as ricas castañas, aproveitamos para realizar algo de deporte e xogar a algo tan tradicional como a buxaina. Divertidísimo!

 

Xogos populares no Magosto by Slidely Photo Gallery

Album de fotos AQUÍ

Magosto 2016

Una ano máis celebramos no centro o tradicional magosto en colaboración coa Anpa. Asamos e comemos castañas e divertímonos ao son da música.

AQUÍ podedes ver as imaxes da xornada.

     

MAGOSTO 2014

O pasado venres 7 de novembro, en colaboración coa ANPA celebramos o MAGOSTO. O tempo deunos unha tregua e puidemos celebrar esta tradicional festa como se merece.

 

MAGOSTO 2013

Un ano máis,  chegou o día de San Martiño, e como é tradición, dende o CEIP Antonio Carpintero, en colaboración coa ANPA, quixemos facer a nosa homenaxe ao froito por excelencia do outono, a CASTAÑA.

Algúns pais e nais do centro foron os encargados de asar as tan ricas castañas, que degustamos durante o recreo acompañados dun fermoso día de sol.

Para completar a xornada, organizamos uns xogos tradicionais no patio dos que desfrutamos maiores e pequenos.

No seguinte enlace podedes ver as FOTOS DA XORNADA.

 

MAGOSTO 2012

O venres 9 de novembro celebramos o magosto no noso cole. Grazas a pais voluntarios comemos castañas que asaron no patio. Despois de xogar, bailar e pintarnos a cara fixemos varios xogos que nos gustaron moito: encestar aros, o pano, o brilé, baile con castañas, as esquinas e carreiras de sacos. A continuación podedes ver algunhas fotos dese día.

 

 

MAGOSTO 2011

Un ano máis, no CEIP Antonio Carpintero, quixemos celebrar o magosto. Estaba programado para o día 11 de novembro, pero o mal tempo fixo que non o puidésemos celebrar ese día, e tivo que ser o luns 14, aínda que o tempo só nos deixou comer as castañas. Non puidemos facer os xogos que tiñamos programados.

De todos os xeitos, foi una xornada na que lle fixemos a nosa particular homenaxe á castaña, o froito do outono por excelencia.

FOTOS AQUÍ

Distribuir contido