Inicio de Sesión

Conmemoracións

LETRAS GALEGAS 2016

 

Como todos sabedes, este ano adícase o día das Letras Galegas a Manuel María, nado en Outeiro de Rey (Lugo). No centro realizamos diversas actividades para coñecer mellor a vida e obra do autor homenaxeado:

Comezamos as celebracións o día 20 de maio onde o alumnado de 5º de primaria explicou a vida do autor e recitou poemas da "Terra Chá".

O luns 23 de maio o alumnado de primeiro recitou poemas sobre a "Natureza" os de segundo "O paso do tempo" e os de terceiro "Sonetos  a casa de Manuel María".

O xoves 26 o alumnado de Infantil representou unha adaptación teatral de Manuel María : "Unha sombra vai polo camiño: como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos", a continuación os de cuarto presentaron a "Biografía da muiñeira" e os poemas "O home" e "O afiador".

Rematamos o venres 27 coa representación por parte do alumnado de 6 da obra "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela" e "Manuel María: reivindicativo en defensa da Lingua Galega".

Pechamos os actos, polo momento, a espera do concerto didáctico, cantando todos xuntos o Himno Galego.

Tedes máis información no blogue da biblioteca, no seguinte enlace: "Maio mes das letras"

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías:

FOTOS

VÍDEOS

Coma sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.

 

Maios 2016

Un ano máis no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos a festa dos "maios". Nesta ocasión, coa participación de todo o alumnado do centro, elaboramosun maio tradicional da nosa zona: "OS ARCOS FLORIDOS".

Ao igual que en anos anteriores o alumnado de 6º de primaria, participou no concurso organizado polo Concello.

Grazas a todos pola vosa colaboración e especialmente as familias que aportaron o verde e as flores para a elaboración do maio.

Tedes o reportaxe gráfico nos seguintes enlaces:

FOTOS

VÍDEO

Coma sempre despdímonos cunha pequena presentación da xornada.

 

24 F - Día de Rosalía 2016

O 24 de febreiro, celébrase o "Día de Rosalía". Nesta ocasión o alumnado de 6º leu unha presentación sobre a vida e obra de Rosalía, a continuación formularon ao resto do alumnado unhas preguntas sobre Rosalía, que foron contestando os alumnso dos distintos cursos de primaria.

A continuació recitamos entre todos o poema " A Rosalía", que o escritor "Manuel María" adicou a escritora homenaxeada.

Todo o alumnado, seguindo as propostas dadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), levou para as súas casas unha postal e unha flor.

Coma sempre tedes as fotos e os vídeos da xornada nas súas respectivas galerías:

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

Entierro dos mecos 2016

Este ano, como xa é tradición no noso centro, o pasado venres, como remate a festa de ENTROIDO, celebramos o entierro dos mecos.

En primeiro lugar lecebramos o xuizo, onde declarouse ao "mecos ENXEBRES" culpables de todos os males. Posteriormente  a "secretaria", deu lectura ao testamento, que os mecos deixaron aos mestres e ao alumnado.

Tedes as fotos nos seguintes enlaces.

FOTOS

VÍDEOS

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

Entroido 2016

O pasado venres 5 de febreiro, celebramos no centro a festa de "Entroido".

Previamente, ao longo da semana, foron aparecendo os mandatos dos mecos.

Este ano o lema foi: "O Entroido máis enxebre". 
Enlazando co noso PDI anual: "A cultura popular do lugar onde vivimos", propuxemos realizar un desfile de disfraces, que non foxen mercados, senón elaborados con roupa e accesorios que tiveran pola casa, e facendo referencia ao popular.

Cada alumn@ que quixo participar no desfile tivo que traer unha tarxeta cuberta co nome do disfrace, unha breve descrición divertida e o nome do deseñad@r. 
Aos participantes entregámoslles un diploma de participación e un pequeno agasallo.
Rematamos a festa cunha degustación das larpeiradas de Entroido (orellas, filloas, torrixas, ...), aportadas polas familias. Grazas a todos pola vosa colaboración.

Ao rematar o desfile o almnado compartiu un anaco cons zancudos, organizado polo Concello de Pontedeume.

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías:

FOTOS

VÍDEOS

Rematamos cunha pequena presentación de fotos.

Día da non vilencia e a PAZ 2016

O pasado venres, 29 de xaneiro, celebramos no centro o "Día escolar da non violencia e a Paz", nesta ocasión RAIOTECA, troúxonos unha adaptación do libro "A bruxa discordia", de mama cabra e Carmen Gil con ilustraccións de Iria Fafián.

Tedes mais información no Blog da biblioteca do centro.

Podedes ver as fotos e os vídeos da xornada nas súas respectivas galerías:  FOTOS       VÍDEOS.

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

FELIZ   DÍA   DA   PAZ

 

Nadal 2015

Este ano para celebrar o Nadal, o Equipo de Dinamización Lingüística, seguindo co proxecto do centro "A cultura popular do lugar onde vivimos", fixo unha recompilación de panxoliñas da nosa zona e un estudo das peculiaridades do Nadal da época celta e romana, con cantigas, ritos e danzas.

 

Nesta ocasión foi o Apalapador quen nos guiou polo noso percorrido, comezando por un grupo de galegos cantando e bailando.

 

Tamén tivemos unha danza e rito da época Celta, música e danza Romana, cantos de reises e panxoliñas de Pontedeume e Neda. 

 

Rematamos cunha ofrenda de cada un dos oficios artesáns: pescadores, costureiras, taberneiros, panadeiros, carpinteiros, pastores....
 
A continuación, e organizado polo Concello de Pontedeume, recibimos a visita dos paxes reais que repartiron doces aos nenos.
 

Podedes ver as fotos e os vídeos da xornada nas súas respectivas galerías.

 

Coma sempre rematamos cunha pequena presentación de fotos da xornada.

 

Feliz ANINOVO.

 

8ª Festa da Froita autóctona (magosto/samain)

O pasado xoves 29 de outubro, celebramos no centro a oitava festa da froita autóctona do Eume, organizada en colaboración coa Asociación Galega da Froita Autóctona (AGFA) do Eume.

Nesta ocasión todos os actos xiraron arredor do tema " a cultura popular da nosa zona".

Comezamos os actos co alumnado de 3º e cuarto que nos presentaron as diferentes froitas típicas de outono e as receitas que elaboraron con elas.

A continuación o alumnado de 1º e 2º representaron unha vendima.

O alumnado de 5º representou unha esfollada de maínzo a ritmo dunha xota.

Sexto curso realizou unha regueifa entre o samaín e o magosto.

O alumnado de infantil repartiu castañas entre o resto do alumnado.

Despois cantamos todos xuntos o rap do magosto.

Rematamos coa entrega de premios ao concurso exposición de cabazas, entregados polo ANPA do centro que deu un agasallo a cada un dos participantes. Continuamos coa entrega de premios do concurso de froita, a AGFA do Eume fixo entrega dunha árbore a cada un dos participantes e ademais dúas árbores mais aos gañadores en cada unha das categorías.

Ao finalizar,  todos xuntos (familias, alumnos mestres e colaboradores do AGFA), degustamos os doces, elaborados polo alumnado e as súas familias, e as castañas asadas que aportou a AGFA.

Grazas a todos pola vosa colaboración nesta festa e esperámosvos o vindeiro ano.

Tedes as fotos e os vídeos da xornada nas respectivas galerías: FOTOS       VIDEOS

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

Letras Galegas 2015

Letras Galegas 2015

Xosé Fernando Filgueira Valverde
Como todos sabedes este ano adícase o día das Letras Galegas ao escritor pontevedrés "Xosé Fernando Filgueira Valverde", nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado o 13 de setembro de 1996.

Este ano no que todo xira ao redor do mar, no cole queremos ter unhas letras galegas mariñeiras, por iso "RAIOTECA" preséntanos un conto mariñeiro "A abella ultramariña", que o alumnado do centro representa para todos nós. Rematamos coa canción "Todos somos mariñeiros". Esperamos que vos goste.

O xoves 21 continuamos coas celebracións, nesta ocasión o alumnado de 6º de primaria, explica, cuns murais de elaboración propia, a "Vida e obra" do escritor homenaxeado "Xosé F. Filgueira Valverde". A Continuación o resto de cursos representa, tamén a través de murais de elaboración propia, diferentes obras mariñeiras do autor.

Rematamos cantando todos xuntos a canción "EN GALEGO"

Coma sempre tedes as fotos e os vídeos nas respectivas galerías:  FOTOS;   VÍDEOS.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

23 de abril: día do libro 2015

O pasado 23 de abril, celebramos no cole o día do libro. Para esta ocasión, todo o alumnado do centro, dende 6º de Educación infantil ata 6º de Primaria, leu o libro "Si yo fuera un libro", adaptado e traducido ao galego polo equipo de dinamización da lingua galega.

A continuación "RAIOTECA" entregou diplomas e agasallos, por cursos, aos mellores lectores do curso 2014-2015.

Así mesmo entregáronse uns merecidos agasallos aos nenos/as colaboradores da biblioteca, que fan unha labor moi importante para o bo funcionamento da mesma. Dende aquí, moitas grazas.

Posteriormente o alumnado de 3º de primaria, representou a obra "Papirus", un conto quer atopamos no libro "Tambo" de edicións do Cumio.

Rematamos cantando todos xuntos unha canción adicada aos libros, do grrupo María Fumaça, atopada no libro Xiqui, Xoque, Fiú, Fiú.

Coma sempre tedes as fotos e os vídeos da celebración nos seguintes enlaces: FOTOSVÍDEOS

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.