Inicio de Sesión

Conmemoracións

Os Maios

XA CHEGOU O MAIO FLORIDO E GALÁN ...

"OS MAIOS" significan na súa orixe o triunfo e a chegada da Primavera.
É un rito Celta para asegura-las boas colleitas, e a protección do "Espíritu da Natureza".
Antigamente un neno cuberto de follas, propias da zona, saía acompañado por outros a percorrer as rúas de cidades e vilas no comezo do mes de MAIO.
Os nenos/as e as flores son os protagonistas desta celebración que data da Compostela Medieval.
Na actualidade faise un Maio figurativo(en vez do Neno Maio)de diversas formas: de pirámide, de cabazo, de barca, de cruceiro...
As nenas e nenos do cole de Andrade tamén queremos sumarnos, un ano máis, a esta celebración facendo os nosos MAIOS e cantando algunha cantiga.

Seguindo o costume,
Do ano pasado
Eiquí vimos todos
A cantalo MAIO.

Estas fotos que podes ver a continuación recollen o proceso de elaboración dos nosos MAIOS, nel participamos todos os nenos e nenas, E.Infantil e 1º Ciclo, fixeron "O PALLEIRO" e ademáis unhas coroas e uns ramos moi vistosos.
o 2º Ciclo fixo "O CRUCEIRO" e o 3º ciclo "OS ARCOS"  
 

Xa para rematar a celebración dos MAIOS fixemos o desfile e cantamos as cantigas:
E Infantil e 1º Ciclo "Anxeliños somos"
2º Ciclo: "Santa Cruz de MAIO"
3º Ciclo: "MAIO,MAIO florido"

 

Libro Xigante "María Mariño"

O día 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas, este ano adicadas a "María Mariño Carou". Unha das actividades destacadas foi a confección do "Libro Xigante María Mariño Carou". Neste libro participou todo o alumnado do centro, dende Infantil ata 6º de Primaria. Despois elaboramos unha presentación, que podedes ver a continuación.

DIA DO LIBRO

23 DE ABRIL          DÍA DO LIBRO  2008

Este ano, como en anos anteriores, no CEIP de Andrade celebramos o Día do Libro coas seguintes actividades.

  • En primeiro lugar os alumnos e alumnas de 6º curso explicáronnos a razón pola que a UNESCO elexiu este día en concreto, un 23 de Abril (un 23 de abril de 1616 finaban Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron e morreron outros eminentes escritores). Tamén nos contaron que nesta data en España faise entrega dos "Premios Cervantes" que son o galardón máis importante para os autores hispanos.
  • A continuación fixemos unha lectura do Quixote, unha adaptación de Carmen Gil. Cada ciclo representou unha personaxe: E.Infantil e 1º Ciclo a Don Quixote. 2º Ciclo a Sancho Panza e no 3º Ciclo, 5º encargouse de Dulcinea e 6º de Rocinante. Léronse uns versos moi divertidos e ao remate houbo adiviñas, para descubrir de que personaxe se trataba.Despois o alumnado de 1º Ciclo de Primaria, representaron unha obra de teatro titulada "El árbol miedoso".
  • Despois da lectura, cada un de nós, incluidos os mestres, pasamos a recoller un libro e unha flor que previamente fixemos nas clases de Plástica (as flores de papel) e nas de Lingua (o libro). Nadie saíu do colexio sen un libro e unha flor dun compañeiro ou compañeira da escola, todo de fabricación propia.
  • Os mellores lectores e lectoras de cada curso recibiron un diploma de parte de "Raioteca". Noraboa aos gañadores e gañadoras. FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!
  • DEICA LOGO. 

     

Escuchar noticia

Entroido 2008

 

¡ Hola Entroidas e Entroidos de Andrade!

Un ano mais xuntámonos para recibir a Don Carnaval, estamos preparados con: carautas, disfraces, e moitas ganas de troula e diversión

Este Entroido 2008 o Colexio de Andrade disponse para o baile e movémonos ao ritmo da batuka.

Nas clases de Educación Infantil as nenas e nenos bailarán ao ritmo do "chi-ki-cha", os do Primeiro ciclo de Primaria (1º e 2º) coa canción "es mejor bailar", os do 2º ciclo bailan "bandolera" e os maiores nos farán unha demostración da súa arte coa canción "Esta pena mía".

Para  rematar a festa faremos unha degustación de productos típicos destas datas, aportados polo alumnado.

BubbleShare: Share photos - Powered by BubbleShare

Samaín 08

SAMAÍN 2008

O SAMAÍN celébrase o 1 de novembro. É unha festa de orixe Celta. Nese día acendíanse luces nas caveiras dos inimigos e colocábanse nos cruces dos camiños. Facían rituais no seu carón coa intención de apoderarse do seu poder e forza. Erán datas claves para se reunir nos camposantos, comer o rutual e comunal porco de samaín e celebrar as farradas festeiras dos guerreiros.

Actualmente seguense facendo caveiras como tradición, aínda que non coa mesma intención.

                             

 

O colexio de Andrade quere contrubuir o rexurdimento desta festa e celebrámola o día 30 con actividades moi variadas:

O alumnado do 4º curso fixeron a representación teatral: "Indo para o Samaín".

Os de terceiro bailaron o "Baile dos pantasmas".

O alumnado do 1º ciclo cantáronnos unha canción en inglés cunha proxección onde aparecián cabazas que eles chamaron "pumpkin lanterns".

Os rapaces de 5ºexplicáronnos moitas cousas sobre esta festividade. E por último os de 6º, continuando co seu taller de cociña, fixeron para todos nós un "bizcoito de cabaza".

Ao remate cantamos todos xuntos a canción de Mamá Cabra: "Samaín"

Podedes ver as fotos das actuacións na Galería.

A continuación podedes ver os videos das actuacións 

 
            Actuacións               Degustación  "bizcoito de cabaza"

>

 

>

Festa do Magosto

Magosto 

O magosto e unha festa de varias persoas para asar e comer castañas. Celébrase do 15 de outubro ó 15 de novembro, sendo o día de Todos os Santos o mais tradicional.

O mais clásico é o da mocidade no que era costume que as mozas puxeran as castañas e os mozos o viño mosto.

Unha vez asadas comíanse as castañas acompañadas de viño. Coas últimas, sempre as mais queimadas, os mozos e as mozas tirábanllas uns aos outros. Preto do remate comezaba a festa con pandeiretas e pandeiros acompañando as cantigas.

O magostoé unha exaltación da castaña, base da alimentación Galega, producto de exportación e que hoxe segue conservando a súa festa tradicional: "O MAGOSTO, FESTA DA CASTAÑA E DO VIÑO MOSTO".

En Andrade, como non podía ser doutra maneira, tamén o celebramos para axudar a conservar a tradición.

Podedes ver as fotos na Galeria ou clicando neste enlace: Magosto