Inicio de Sesión

Conmemoracións

Letras Galegas 2018

Ao longo do mes de maio celebramos no cole o "Día das letras Galegas", adicadas este ano a Mª Victoria Moreno.

Tedes máis información no blogue de Normalización no seguinte enlace: LETRAS GALEGAS 2018

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías.

FOTOS

VÍDEOS.

Despedímosnos cunha pequena presentación dos actos.

 

Día do libro 2018

Para celebrar o DÍA DO LIBRO, a nosa mascota Raioteca propón un xogo  que leva por título: "Adiviña quen son…"

Para máis información podedes consultar o blogue da biblioteca no seguinte enlace:

Día do libro

Tedes as imaxes e os vídeos nas súas respectivas galerías e podedes acceder dende os seguintes enlaces:

FOTOS

VÍDEOS

FELIZ DÍA DO LIBRO

 

Maios 2018

O luns día 30 de abril de 2018 celebramos os maios no centro. Este ano fixemos unha alfombra floral adicada a homenaxeada das Letras galegas 2018, Mª Victoria Moreno e seleccionamos imaxes relacionadas coa súa obra, o barco dos Arroás, o galo, as estrelas e a lúa e o can branco can negro.
Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías, temén podedes acceder dende os seguintes enlaces:
 
FOTOS
 
VÍDEOS
 
Coma sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.
 

Día da poesía 2018

O pasado 21 de marzo, celebramos no centro o "Día da Poesía".

RAIOTECA convocou un certame de poesía que levaba por título "A POESÍA E A TECNOLOXÍA".

O venres antes das vacacións iniciamos o recitado cun poema por curso, para continuar co resto a volta das vacacións.

RAIOTECA fixo entrega dun agasallo a todos os participantes. Parabéns.

Tedes as fotos e os vídeos da xornada nas respectivas galerías.

FOTOS

VÍDEOS

Rematamos cunha pequena presentación da xornada.

 

8 de marzo, Día Internacional da Muller

O pasado 8 de marzo celebramos no cole, o "Día Internacional da Muller". Nesta ocasión cada curso traballou sobre unha muller pioneira galega:

  • Infantil: Celia Rivas Casais
  • Primeiro: Olimpia Valencia
  • Segundo:  Irene González
  • Terceiro: Elisa e Marcela
  • Cuarto: Exeria
  • Quinto: Sofía Casanova
  • Sexto: Isabel Barreto

Tedes as fotos e os vídeos das actuacións nas galerías. Podedes acceder dende os seguintes enlaces

FOTOS

VIDEOS

Coma sempre despedímonos cunha pequena presentción da xornada.

 

Día de Rosalía de Castro

O pasado venres, celebramos no cole o "Día de Rosalía". Nesta ocasión, baixo o lema "ABRINDO AS FIESTRAS A ..."  e seguindo as indicacións dadas pola asociación de escritores en lingua galega, o alumnado do centro levou un poema de Rosalía para ler coas súas familias na casa e fecer unha fotografía que posteriormente colocamos nas fiestras.

O alumnado do centro, nas súas aulas e coa axuda dos seus respectivos titores, prepararon e ilustraron o poema "¡TERRA A NOSA!"  do libro "Follas Novas". que, posteriormente, limos entre todos o venres na hora de ler.

Tedes as fotos e o vídeo nas súas respectivas galerías.

FOTOS

VÍDEOS

Entroido 2018

O Pasado venres, 9 de febreiro, celebramos a festa de "ENTROIDO". Este ano, dacordo, co PDI do centro, escollimos como temática "A robótica", máis concretamente "as novas tecnoloxías".

Comezamos cun desfile e a continuación coas actuacións do noso alumnado:

Infantil disfrazouse de "ROBOTS", primeiro e segundo fixo un repaso pola evolución da "TELEVISIÓN", terceiro recreou os amoríos co "MÓBIL", cuarto as aplicacións de "WINDOWS 10" e rematamos con quinto e sexto que fixeron unha crítica das redes sociais "WHATSAPP".

Rematamos cunha degustación dos produtos típicos da época aportados polas familias. Moitísimas grazas.

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías e nos seguintes enlaces:

FOTOS

VÍDEOS

Rematamos cunha pequena presentación da xornada.

 

NADAL 2017

O pasado xoves 21 de decembro, celebramos no cole, o festibal de NADAL. Nesta ocasión, viaxamos no tempo, e celebramos o "NADAL A TRAVÉS DO TEMPO". o alumnado do centro fixo un percorrido polas distintas formas de celebrar o Nadal nas décadas dos 60, 70, 80, 90 e na actualidade.

Continuamos cun pequeno almorzo, onde o alumnado compartíu distintas golosinas típicas da época.

Rematamos coa visita dos paxes reais que repartiron chuches ao alumnado do centro.

FELICES FESTAS A TODOS.

Deixámosvos as fotos e os vídeos da xornada nos seguintes enlaces:

FOTOS

VÍDEOS

Coma sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.

 

25 N. Día contra a vilencia de xénero

Como todos os anos, o pasado venres 24 de novembro celebramos o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero". Nesta ocasión alumnos/as de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria, representaron a obra "GUAPA".

Rematamos cantando "Flores, Tambores e ilusións".

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. Podedes acceder dende os seguintes enlaces:

FOTOS

VÍDEOS

Como sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.