Skip to Content

Dinamizando a Lingua

TITORIAL PARA FACER CHAPAS

Co seguinte titorial aprenderemos como facer chapas!

Iniciamos o noso obradoiro de chapas coa conmemoración do Día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Francisco Fernández del Riego. 

Os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega realizaron un deseño para as chapas e será na aula de Polos Creativos onde as faremos. 

Seguide o titorial para coñecer os pasos que debemos seguir coa máquina Button Press We R.

 

 

O ᗩᗰᗩᖇO ᑎᗩᔕ Oᑎᗪᗩᔕ: ᖴᗩᒪᗩᗰOᔕ ᗪO EᑎTᖇOIᗪO

PodCast de 4º Educación Infantil: Canto sabemos dos cigarróns?

 

PodCast de 5º Educación Infantil - Grupo A: Que foi o que máis  e o que menos che gustou do Desfile Infantil?

 

PodCast de 5º Educación Infantil - Grupo B: Danvos medo os cigarróns?

 

PodCast de 6º Educación Infantil - Grupo A: De que nos disfrazamos no Entroido?

 

PodCast de 6º Educación Infantil - Grupo B: De que nos disfrazamos no Entroido?

 

PodCast de 1º Educación Primaria - Grupo A: Os Vellarróns

 

 

CERTAME LITERARIO: 4º EP - POEMAS CUN XORNAL

Neste vídeo tedes explicadas as normas para o alumnado de 4º de primaria do certame literario do Curso 2022/23. A vosa misión será crear un poema cun xornal. Deberedes facer un "collage" de palabras recortadas dun xornal para crear un poema. Lembrade que os poemas están escritos en estrofas que, á súa vez, conteñen versos que riman entre si.

ᑕOᑎTᗩ ᑫᑌE TE ᑕOᑎTᗩ:"ᗩ TᗩᖇTᗩᖇᑌGᗩ ᑫᑌE ᑫᑌEᖇíᗩ ᗪᑌᖇᗰIᖇ"

Continuamos co noso #contaqueteconta do #curso2022_2023, este venres temos á Profe Belinda!

CONTA QUE TE CONTA 9/2022-2023 "CERCA"

Continuamos co noso #contaqueteconta do #curso2022_2023, este venres temos á Profe Rosa!

ADIVIÑAS SOBRE A PAZ- CERTAME LITERARIO

Xa podedes ler as "Adiviñas sobre a Paz" que nos entregaron para o #CertameLiterario do mes de xaneiro.

Se queres saber se as túas respostas foron as correctas, pásate pola Biblio de Cristalina e compróbao! 

 

Gᖇᗩᘔᗩᔕ ᑭOᖇ ᑭᗩᖇTIᑕIᑭᗩᖇ!!!

ATENCIÓN, FAMILIAS DE 6º ED. PRIMARIA! QUEREMOS QUE SEXAS CONTACONTOS!

Envía o documento que levou a túa filla e/ou o teu fillo no día de hoxe!

CONTA QUE TE CONTA 7/2022 2023: "OS PETOS DE LORETO"

Continuamos co noso #contaqueteconta do #curso2022_2023, este venres temos á Profe Ester!

FELICES VACACIÓNS E PRÓSPERO ANINOVO 2023!

Hoxe rematamos o primeiro trimestre e xa estamos desexando que chegue o próximo 2023.

Vémonos á volta o día 9 de xaneiro!

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DECEMBRO 2022

FELIZ LECTURA!

Distribuir contido


by Dr. Radut