Skip to Content

Novas

PROGRAMA CONCILIA CURSO 2023/2024

O 11 de setembro ponse en marcha o Programa Concilia no CEIP Plurilingüe Amaro Refojo, no marco do Programa Érguete do Concello de Verín. Agradecemos encarecidamente a colaboración do Concello de Verín, do CDR Portas Abertas e da nosa ANPA CEIP Amaro Refojo para a continuidade deste servizo.

 

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO 2023/2024

Atención, familias!

 

 

A continuación publicamos as datas coas reunións de inicio de curso:

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL

4º EI (Grupos A e B)

Xoves, 7 de setembro ás 10.00 horas.

5º EI

6º EI (Grupos A e B)

Inicialmente, teredes unha reunión xeral para toda a etapa de Educación Infantil.

Posteriormente, reunirédesvos con cada titora na aula de referencia do grupo da vosa filla ou fillo.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º EP

(Grupo A)

Xoves, 7 de setembro ás 17.00 horas no ximnasio.

1º EP

(Grupo B)

Venres, 8 de setembro ás 12.00 horas na aula de referencia. 

2º EP

(Grupos A e B)

Venres, 8 de setembro ás 11.30 horas na aula de 2ºA.

3º EP

(Grupos A e B) 

Venres, 8 de setembro ás 11.30 horas

nas súas aulas de referencia. 

4º EP

(Grupos A e B) 

 Martes, 12 de setembro ás 17.00 horas no ximnasio.

5º EP

(Grupos A e B) 

Martes, 12 de setembro ás 16.00 horas en cada aula de referencia. 

6º EP

(Grupos A e B) 

Xoves, 7 de setembro ás 13.00 horas no ximnasio. 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Álbum: CURSO 2022-23 -> Portas Abertas

FESTA DE ENTROIDO

 

Aquí vos deixamos as "Bases do Concurso de Disfraces":

 

As inscripcións faranse ese mesmo día de 16:00 a 16:30 h.

Pódese participar de forma individual ou grupal, sendo estos dun mínimo de 4 persoas e un máximo de 10. No caso de apuntarse de maneira grupal, porase un nome de grupo.

O concurso dará comezo as 16:30 h.

Todos os participantes deben estar preparados con antelación para a sua actuación. Aqueles grupos que necesiten música específica,especificarano na inscripción e a organización encargarase delo.

Todos os participantes teñen que estar presentes durante todo o concurso.

CATEGORÍAS E PREMIOS:

- Disfraz máis orixinal (Libro+ bono toro Mundos de Íker)

- Disfraz máis divertido (Libro + bono Mundos de Íker)

- Disfraz máis sostible (Libro + bono pista de xeo Mundos de Íker)

- Mellor caracterización (Libro + bono Mundos de Íker)

- Mellor interpretación de personaxe (Libro + bono toro)

- Mellor grupo (Libro + bono pista de xeo por cada participante)

O xurado estará formado por membros da organización e profesores do centro.

Unha vez rematado o concurso, teremos un fin de festa cunha discomóbil para todo o alumnado.

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Aquelas familias que foron beneficiarias da axuda para adquirir material escolar en forma de vale de 50 euros, poden pasar polo centro os martes, mércores e xoves en horario de 9:00 a 12:00 horas para recoller o vale adicional por valor de 25 euros.

Este vale só poderá utilizarse na librería ou establecemento de preferencia antes do 1 de decembro de 2022.

Deixámosvos o enderezo electrónico para ampliar a información:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/73536/familias-beneficiarias-vale-xunta-para-compra-material-escolar-poden-recoller?langId=gl_ES

LISTAXE DE MATERIAL PARA O CURSO 2022-2023

Nos arquivos adxuntos poden consultarse as listaxes de material para este curso 22/23.

REUNIÓNS INFORMATIVAS DE INICIO DE CURSO

Estimadas familias, a continuación publicamos as datas coas reunións de inicio de curso:

 

EDUCACIÓN INFANTIL

4º EI

Mércores, 7 de setembro ás 10:00h.

5º EI (Grupos A e B)

Mércores, 7 de setembro ás 10:00h

6º EI (Grupos A e B)

Mércores, 7 de setembro ás 10:00h

Cada titora realizará a reunión na súa aula de referencia.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA
1º EP (Grupos A e B)  Mércores, 7 de setembro ás 12:00h no Ximnasio. 
2º EP (Grupos A e B) Xoves, 8 de setembro ás 16:00h no Ximnasio. 
3º EP (Grupos A e B)  Luns, 12 de setembro ás 16:00h no Ximnasio. 
4º EP (Grupos A e B)  Mércores, 7 de setembro ás 12:00h na súa aula.
5º EP (Grupos A e B)  Martes, 6 de setembro ás 17:00h na Biblioteca.
6º EP (Grupos A e B)  Martes, 13 de setembro ás 16:00h nas súas aulas. 

 

 

INICIO DE CURSO 2022/2023

Estamos seguros de que desfrutastes moito do verán, pero que xa botades de menos o cole. Non vos esquezades, as clases comezarán o 8 de setembro. Vémonos pronto!

Distribuir contido


by Dr. Radut