Skip to Content

PECHADOS POLO CORONAVIRUS. PAUTAS E RECOMENDACIÓNS PARA FACER COS NENOS/AS NA CASA.

Estes días son complicados para todos/as, dado que supoñen unha ruptura drástica da rutina diaria e conlevan a necesidade de adaptarnos a unha situación nova e excepcional. Temos que intentar levalo o mellor posible, mantendo a tranquilidade e facendo que os nosos fillos se sintan acompañados non só físicamente senón tamén emocionalmente. Esperamos que, sobre todo, coa solidaridade que supón o feito de que todos nos manteñamos o maior tempo posible na casa, consigamos pronto volver á normalidade. De momento, aquí tedes unhas recomendacións para este tempo de confinamento, por se vos poden axudar a afrontalo mellor.

CONTOS PARA EXPLICARLLE O CORONAVIRUS AOS NENOS/AS: 

"Rosa contra el virus": Conto que explica que son os virus e os hábitos necesarios para combatilos, publicado pola editorial Sentir e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid.

"Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)": Conto escrito por María Coco e ilustrado por Sara Ramírez. Acaba de publicarse, polo que reflicte tamén os días de confinamento tralo establecemento do estado de alarma. A través deste conto, os nenos/as poden coñecer as peculiaridades desta crise que confina nas súas casas ás familias e precisa de estrictas medidas de hixiene para limitar os efectos na poboación, especialmente entre os maiores. 

 

 

 "Las manos de José": Publicación de Aprendices Visuales. Trátase dun conto feito con pictogramas sobre o lavado de mans. Ven con materiais complementarios (aplicación para o móbil, secuncias para recortar, actividades, ...), ás que se pode acceder no seguinte enlace:

 https://aprendicesvisuales.com/p/lasmanosdejose/

 

Para tratar deste tema cos nenos/as, ademais de usar os contos anteriores, na web Faros, do Hospital San Joan de Deus de Barcelona, podemos atopar un artigo con pautas interesantes titulado "Cómo hablar sobre el coronavirus a los niños"

SOBRE A IMPORTANCIA DE MANTER UN HORARIO E UNHAS RUTINAS:

É recomendable que nestes días de estar na casa manteñamos rutinas, establezamos horas de estudo e de xogo, de axuda nas tarefas do hogar, etc. Debemos procurar que o tempo dos nenos/as estea estruturado e sexa productivo, ademáis de que se distraían. A rutina habitual debe manterse, na medida do posible: hora de acostarse, de levantarse, tempo de tarefas escolares, tempo de xogo, … 
No que se refire ás tarefas escolares, non se trata de facer un calco da xornada escolar na casa, nin moito menos. Por exemplo, no caso dos nenos de E. Infantil, podemos darlle tempo para xogar e explorar, experimentar con materiais diversos, … Cos de Primaria, é conveniente que lle dediquen un tempo a traballar aspectos relacionados coas materias do colexio, pero de feito que combinen o repaso de aspectos máis puramente “académicos” con tarefas máis creativas: facer un diario, leer, investigar, catalogar os libros ou xogos, inventar contos, facer manualidades, etc.

Os pais non sodes profesores, nin debedes pretender selo. Simplemente se trata de que lles axudedes a organizar o seu tempo, supervisedes que este sexa produtivo, esteades a man se necesitan preguntarvos algo, etc. Naturalmente, se trata de que poidan satisfacer á súa necesidade de aprender e facer cousas, pero dentro dun clima de tranquilidade e sen agobiarse para nada.

Exemplo de horario para estes días (fonte: ASPERMUR)

 CONTROL DO USO DOS APARELLOS TECNOLÓXICOS:

No que se refire á utilización da televisión, videoxogos, ... é importante seguir mantendo uns criterios en canto ao número de horas ou á distribución das mesmas ao longo da semana, tal como seguramente estabamos facendo moitos antes do confinamento. Pode haber certa flexibilidade, especialmente para seguir mantendo a relación con amigos e familiares a través das redes sociais, pero sen caer no abuso.

OUTRAS RECOMENDACIÓNS:

Nesta situación, é fundamental transmitir seguridade e calma. Nada transmite máis seguridade a un fillo/a que percibir naturalidade e tranquilidade por parte dos seus pais cando pregunta por algo que lle preocupa. Hai que ter unha actitude positiva e non aprensiva ou hipocondriaca. 

Ademais, é unha ocasión estupenda para conectar cos nenos/as, escoitalos e dedicarlles tempo.

Podemos implicalos/as en tarefas da casa, facelos sentirse útiles e responsables. Ao mesmo tempo, aceptar que non o van facer como o adulto.

Podemos facer ximnasia en familia (https://www.youtube.com/watch?v=69Za5UWtIC0), ioga (https://www.youtube.com/watch?v=O-ze3CxuTMU), meditación ( https://www.youtube.com/watch?v=eSBjHB4ezGs  https://www.youtube.com/watch?v=Ea6ykVh7Y7U). No canal de Youtube de Minipadmini temos moitos exercicios para nenos/as. 

Unha actividade moi interesante é cociñar con eles/as, normalmente encántalles facer biscoitos, galletas, amasar, …

Podemos xogar aos xogos de mesa tradicionais: parchís, oca, cartas, aforcado, …

Outra opción, se temos a posibilidade, é ver en familia películas que traballen as emocións. Por exemplo, as que se recomendan na web de aulaplaneta, “ocho películas para educar a tus hijos en la inteligencia emocional”.  https://www.aulaplaneta.com/2017/06/28/en-familia/ocho-peliculas-educar-tushijos-la-inteligencia-emocional/

Outras actividades: ler, facer manualidades, pintar, debuxar, cantar, bailar, facer teatro, ...



page | by Dr. Radut