Skip to Content

Complementarias

UN BELÉN DOCE

Nestes últimos días, os nenos e nenas do colexio elaboraron un Belén feito con material de refugallo e lambetadas. Ademais, vaise utilizar como motivo para a postal de Nadal do centro. Esta actividade forma parte das programadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dentro do bloque do Nadal que leva por título "Un agasallo para os avós".

Dende o EDLG, MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

(Preme na imaxe para ver máis fotos)

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2011

Xa pasou o Magosto e estivemos no Campo dos Remedios facendo xogos tradicionais, cabañas, .... ademais doutras actividades no colexio. Mirade que guapos/as saídes nas imaxes:

(Preme na esquina inferior dereita, sobre o icono)

Por certo, sabedes que o Equipo de Normalización Lingüística organizou un Concurso da Castaña, na que houbo traballos impresionantes pola imaxinación, orixinalidade e esforzo que supuxeron. Nesta tarefa tamén as nais/pais botaron unha man importante. Gracias a toda/os pola colaboración.
Estes son os gañadores do Concurso da Castaña:

EXPOSICIÓN DE CABAZAS SAMAIN 2011

Este ano, igual que nos anteriores, fixemos unha Exposición de Cabazas para o Samaín 2011.

Preme na imaxe para ver as fotos da exposición:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut