Skip to Content

Complementarias

HOMENAXE A ANGEL BARJA

Como sabedes, no colexio hai tempo que contamos cunha Coral Infantil, constituída por rapaces e rapazas dos diferentes cursos de Primaria e baixo a dirección da profesora Maite Pérez. A súa andadura comezou no curso pasado e xa contan cun repertorio amplo de cancións, habendo participado en diversos eventos, dentro e fora do colexio. 

Concretamente, a Coral organizou hai uns días -xunto coa axuda doutras personalidades e entidades minicipais e comarcais- unha xornada dedicada a dar cumprida homenaxe ao músico Ángel Barja, natural de Terroso (Vilardevós), na que actuaron as seguintes agrupacións: Coro Parroquial Santa Cruz de Terroso, Coral Infantil Amaro Refojo, Coral Canto Alegre, Coral Amigos da Música, Banda de Gaitas e Charanga Ideal.

Os nenos e nenas da Coral Infantil do Amaro Refojo prepararon e interpretaron varias cancións do libro de Ángel Barja "Música y poesía para niños", do que tedes aquí unha mostra.

Ángel Barja (Terroso 1938 - León 1987)

 

Interpretación da canción de Ángel Barja "El primer resfriado"

Actuación da banda de gaitas diante da igresa de Terroso

Visita ao taller de Vicente Fernández

Actuación conxunta das corais participantes

A muller de Angel Barja xunto coa directora do coro

Agasallos para os músicos

Peonzas elaboradas no taller de Vicente para agasallar aos músicos

 

CONCURSO DE DISFRACES

O vindeiro 12 de febreiro celebrarase un concurso de disfraces no patio do colexio de primaria de 16:00 a 18:00.

Haberá premios para as seguintes categorías:

-un premio para o máis orixinal.

-un premio para o máis ecolóxico.

-un premio para o máis divertido.

E golosinas para tódolos nenos (para tranquilidad dos pais comprobouse que as golosinas non tiveran lactosa, gluten ou calquer outro compoñente que produza calquer tipo de alerxia)

 

¡¡¡ESPERÁMOSVOS!!!

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Hai uns días celebramos no colexio a festa do Samaín, na que houbo unha representación teatral e unha chocolatada. Aquí tedes algúns vídeos do evento:

 

 

CAMPIONATO SUPERTMATIK

Como sabedes, este ano volvemos a participar no Campionato Internacional SuperTmatik, xunto con colexios de todo o mundo.

Trátase dunha competición de cálculo mental, baseada no seguinte principio:

SuperTmatik= Diferenciación Didáctica + Maior motivación + TIC en clase + Diversión

Durante o curso, os rapaces e rapazas estiveron entrenando duro e xa temos os resultados: un alumno de sexto nivel, Sergio, acadou o 8º posto e Nerea, Álvaro, Juan e Antonio quedaron dentro dos 40 primeiros da súa categoría! Para ver a clasificación dos 10 primeiros de cada categoría, premede aquí: Clasificación final.

Nesta foto podedes ver aos finalistas do colexio (de esquerda a dereita): Nerea, Sergio, Juan, Alejandro, Unai, Antonio, Álvaro e Lucía.

Podedes acceder tamén ao artigo de La Voz de Galicia no que se fai mención á nosa participación: "Los calculines de Verín".

NORABOA A TODOS!!

FESTIVAL DE NADAL 2013

Vídeos das actuacións do Festival de Nadal 2013:

Ed. Infantil:

3 anos A   3 anos B 4 anos A 4 anos B  5 anos A   5 anos B

 

Ed. Primaria:

1ºA1ºB3ºA3ºB5ºA5ºBDespedida

SAMAÍN 2013

Con motivo do Samaín, celebramos hai uns días unha pequena festa no colexio na que os rapaces e rapazas de 6º de E. Primaria prepararon unha obra de teatro ...

Pincha na imaxe para ver o artigo completo no Blog da Biblioteca

 


Distribuir contido


by Dr. Radut