Skip to Content

Complementarias

VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS

 ED. INFANTIL:

 

 

ED. PRIMARIA:

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2016/17

 

LETRAS GALEGAS 2017

Aínda que xa pasou un tempo, algunhas familias pedíronos que colgaramos as actividades que se fixeron con motivo do Día das Letras Galegas, así que aquí está. Trátase da obra de teatro "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" e varias proxeccións con entrevistas aos nenos/as que levan por título "Falamos galego!".

 

PARTICIPAMOS NO SUPERTMATIK

 

Este curso apuntámonos de novo a Supertmatik, unha competición a nivel internacional que intenta fomentar o cálculo mental dunha forma lúdica.

Ao igual que no curso pasado, o resultado foi moi satisfactorio, xa que a alumna Sara Salgado, de 3º nivel, quedou clasificada no 7º posto da súa categoría,
unha posición moi ventaxosa se temos en conta que se presentaban ao redor de 200.000 nenos de todo o mundo, repartidos en 9 categorías.
NORABOA, SARA!

Festival de Nadal 2016

Aquí tedes os vídeos das diferentes actuacións dos nenos de Infantil e Primaria no Festival de Nadal 2016:

(Nota: se a calidade non é boa, abrir o vídeo en youtube e nos axustes marcar 720p.)

 

 

 

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2016

O pasado martes 8 de Novembro celebramos o Magosto no cole de Primaria.

Ás 10:30 partiron os maiores de 5º E 6º. Unha hora despois nos autobuses sairon os de 1º, 2º, 3º e 4º.

Sobre as 12 xuntámonos todos na veiga de Tintores... E alí... xogamos, collemos leña, asamos castañas, chourizos, tiznámonos un pouco e pasamos un día de Magosto.

Ao redor das 4 estabamos de volta no cole.

 

PASÁMOLO EN GRANDE NO SAMAÍN

O pasado venres 28 de outubro celebramos o Samaín na nosa escola. Dende as catro da tarde tivemos teatro "Corre, corre cabaciña", música "Buah, ja, ja, ja, ja" e os premios dos disfraces da mañá.

Os gañadores de Infantil foron: Lucía (3 anos), Gonzalo (4 anos) e Iris (5 anos). En Primaria, os mellores foron: Leia (6ºA), Yeray (1ºA) e Adán (3ºB).

Tamén tivemos talleres e xogos organizados por FEMURO e finalmente, o riquísimo chocolate con churros grazas a ANPA do colexio.

Moitísimas grazas a todos por axudar e participar nesta actividade. 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2015-16

Vídeo do festival celebrado o 22 de xuño de 2016: 

 

 

 Montaxe sobre a traxectoria dos alumnos/as de 6º de Primaria desde E. Infantil ata hoxe:

 

CAMPIONATO SUPERTMATIK

Este curso volvimos a participar no Campionato Supertmatik, unha competición a nivel mundial para promover o cálculo mental mediante o xogo. Nesta ocasión, temos que felicitar a Raul Vega, de 4º nivel, que acadou nada menos que o cuarto posto na clasificación final. En total participaron máis de 200.000 nenos e nenas de 48 países e concretamente en 4º nivel foron sobre 24.000 os inscritos. 

NORABOA, RAUL, POLO TEU TRIUNFO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut