Skip to Content

Novas

ROBÓTICA EN MARCHA!

Hoxe, por fin xa todo o alumnado de infantil traballou cun robot!

Cun panel pequeno na mesa repartidos por equipos buscamos o camiño para que a abella chegue á colmea e por medio de tarxetas indicamos a secuencia dos seus movementos, depois comprobamos no panel xigante onde está Bee Bot se é correcta a secuencia.

O alumnado de tres anos programaron co rato robot e cada vez os camiños foron máis complicados. Cada día progresamos máis na adquisición do pensamento computacional. 

 

DÍA DA PAZ EN INFANTIL

No "Día da Paz" o alumnado de 5 anos traballou cun panel sobre accións e palabras relacionadas coa temática. A mestra presentoulles a palabra en letras maiúsculas e tiñan que buscar esa mesma palabra en minúscula, así como a imaxe representativa. Posteriormente tiñan que programar o Bee Bot para que desde a pomba da paz, a nosa abella chegase á imaxe que tiñamos que buscar.

Distribuir contido


by Dr. Radut