DEPENDENCIAS

O novo edificio do CEIP "A Maía" inaugurouse o 26 de outubro de 1991 coas carencias de patio cuberto e ximnasio. A primeira solucionouse cubrindo unha das dúas pistas polideportivas e no curso de 2002-2003, o concello cubriu outra pequena pista que terminou de soluciona-lo problema.

Os amplos espazos caracterizan o noso colexio.
 
A entrada e, á dereita, o patio cuberto, fundamental nos días de choiva.

No relativo ó ximnasio, despois de ser adxudicada a súa construción ó Grupo Espina-Delfín coa previsión de comezar as obras na primavera de 2008, finalmente poidemos estrealo en maio de 2009. Na actualidade as clases de Educación Física seguen a impartirse no Pavillón Polideportivo de Bertamiráns, nos patios cubertos do colexio e naturalmente no propio ximnasio.

O ano 2003, tamén foi importante pola construción do edificio de infantil, debido a enorme saturación que se vivía no edificio de primaria. Contruiuse de acordo coas máis avanzadas técnicas para ese tipo de edificacións.

O edificio de Educación Infantil.

 

No curso 2005-2006 o concello asume o traslado do comedor do edificio de primaria á antiga casa do conserxe, habilitando o primeiro para as novas instalacións da biblioteca.

 

Longas plantas forman o centro.
 
O desenvolvemento da informática é un dos obxectivos do centro.