Skip to Content

Últimos avisos

BIBLIOTECA DE CONTIDOS DIXITAIS

 

 

Plataforma de préstamo de contidos dixitais de Galicia

 

 

A nosa comunidade educativa, ao formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLANBE), terá ao seu dispor unha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais.

Os contidos da plataforma bega-elbe2.edu.xunta.es están dispoñibles en distintas linguas, cunha especial atención á presenza de contidos en lingua galega, estruturados por temáticas, linguas, autoría, etapas educativas, xéneros (de ficción e de información), para facilitar o acceso de usuarios e usuarias ás obras do seu interese. Trátase de contidos dixitais que poden utilizarse online (con conexión a internet) e tamén offline (sen conexión a internet previa descarga), que se adaptan a diferentes soportes de lectura (pc, portátil, tablet, smartphone, e-reader,…).

Comezamos a entregar os identificadores e contrasinais ao alumnado, comezando polo sexto nivel de Ed. Primaria. É importante que as familias, para poder sacar o máximo rendemento desta plataforma, unha vez o alumnado xa ten o seu identificador, complete a casiña da dirección de correo dos responsables legais, para así manterse informados dos libros escollidos e lidos polos seus fillos e fillas.

 

 

Moitas grazas.

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR. PARTE II

Aquí podedes consultar e descargar a documentación relativa á renovación parcial do Consello Escolar.

O censo de pais/nais está publicado no taboleiro da entrada principal do centro.

NOVAS SOBRE XOGADE. 9 DE NOVEMBRO

Ter en conta para o alumnado que participe no programa XOGADE o 9 de novembro:

  1. Comunicar a presenza de síntomas respiratoriios ou outros síntomas.
  2. Vir con roupa deportiva.
  3. Recoméndase traer deprtivos de recambio.
  4. Usar obligatoriamente a mascarilla.
  5. Os/as participantes deberán levar:
  • unha mascarilla de reposto
  • unha botella de auga
  • unha peza de froita

No documento adxunto están recollidos os circuitos que farán os nenos e nenas.

Distribuir contido


by Dr. Radut