Skip to Content

Actividades

Distancia percorrida

A escalada xa comezou...as cousas están así:

6ºA: 1280m

6ºB: 840m

Irei actualizando a distancia todos os días no meu blog: https://orecantodamestrandrea.blogspot.com/

O meu blog

Bo día chicos e chicas

A partir de agora, ademais de colgar as cousas nesta páxina, colgareinas no blog: https://orecantodamestrandrea.blogspot.com/

Un saúdo

¿QUEN CHEGARÁ ANTES Á CIMA DO EVEREST?

Adxúntovos a explicación da tarefa destas semanas.

¿QUE GRUPO CORONARÁ ANTES A CIMA? ¿6ºA ou 6ºB?

 

VEÑA, VEÑA... O TEMPO COMEZA XA!

 

TAREFAS DE EDUCACIÓN FÍSICA DE 1º A 5º MES DE MAIO

Este mes imos facer as seguintes tarefas:

1º.- BAILE DA MUIÑEIRA.  CATRO PASOS BÁSICOS

Podes bailar con alguén da familia.

Enlace: Aulas galegas - Bailemos unha muiñeira  con Luis Prego

 

2º.- FABRICAR DOUS MONICREQUES

Imos facer dous monicreques para as túas mans ( un para man dereita e outro para a man esquerda).

Con eses monicreques vas a contar unha historia, conto... 

Pode ser unha historia inventada ou un conto clásico. Cóntao en galego.

Pode participar alguén da túa familia.

Enlace: "Títeres con material reciclado" " RETO ARTividades"

"Taller de Creación de Marionetas". "Los objetos quieren ser otros"

 

 

Tarefa de Educación Física 6º

Aquí vos deixo a tarefa para esta semana: o rosco de pasapalabra. Antes de facelo repasade o nome dalgúns deportes alternativos.

Enlace:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5521129-o_rosco_de_educacion_fisica.html

 

Ao finalizalo, podedes facer un pantallazo e mandarmo o correo. 

MOITO ÁNIMOSorriso

 

Tarefa de Educación Física 6º

Bos días chicos e chicas:

A actividade para esta semana consiste en inventar un deporte ou xogo usando material reciclado. Para iso, busca envases pola casa que poidas reutilizar e despois cubre a ficha que adxunto (é a mesma que a dos deportes alternativos). Podedes mandarme fotos ou vídeos do proceso e o resultado final ou simplemente cubrir a ficha. Deixovos un vídeo que grabei para traballar a reciclaxe co meu alumnado de 1º pero que vos pode servir para coller ideas.

Por exemplo:

Cun bote de suavizante fixen un recipiente para recepcionar unha pelota o que lle chamei "suaviball" e o xogo que inventei consiste no seguinte:

2 equipos de 8 xogadores

Campo de Balonmano

Material: 16 suaviballs e 1 pelota

O xogo consiste en dar mínimo 8 pases seguidos co suaviball sin que o equipo contrario logre roubarnos a pelota. Cada vez que un equipo dé 8 pases recibirá 1 punto.

Normas:

- A pelota ten que pasar por todos os membros do equipo para conseguir ese punto.

- Non vale defender a menos de 1 metro.

- Se a pelota cae o chan automáticamente pasa a ser do equipo contrario

 

Cando o teñades podédelo enviar ó correo: correoparalasdos@gmail.com

A ficha dos deportes alternativos só a recibín dunha persoa, podedelas enviar a ese mesmo correo.

 

Un abrazo e ánimo!

TAREFAS DE 1º A 5º DE EDUCACIÓN FÍSICA

Tarefas de Educación Física de 1º a 5º (20 de abril a 1 de maio)

Este ano o noso maio vai ser moi especial. Neste mes celebramos unha festa popular que é a festa dos maios, con ela imos traballar a coordinación co xogo de mans...

Quérovos propoñer que fagades un poema, canción ... para a festa dos maios.

Por exemplo:

Aí ven o maio

este non é o maio 

que eu quero.

(palma, cruzo brazos, palma)

Gustaríame ver os vosos traballos.  Unha aperta

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut