Skip to Content

DATAS DE REUNIÓNS DE TITORÍAS DOS DISTINTOS NIVEIS.

As reunións de principio de curso coas titoras e titores terán lugar no ximnasio do colexio. 

As datas e horas son as seguintes:

  • 4º E. Infantil (3 anos): 6 de setembro. 12:00
  • 5º E. Infantil (4 anos): 21 de setembro, 16:30
  • 6º E. Infantil (5 anos): 14 de setembro, 16:30
  • 1º E. Primaria: 5 de outubro, 16:30
  • 2º E. Primaria: 14 de setembro, 18:00
  • 3º E. Primaria: 21 de setembro, 18:00
  • 4º E. Primaria: 28 de setembro, 16:30
  • 5º E. Primaria: 28 de setembro, 18:00
  • 6º E. Primaria: 5 de outubro, 18:00

Un saúdo.

Berta Rubiano Segovia

Xefa de estudos

COMEZO DO CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

 

Benvidas ao novo curso! En breve iredes recibindo diversa información sobre o desenvolvemento do mesmo.

Por agora contámosvos que o próximo luns, 6 de setembro, terá lugar a reunión de principio de curso do alumnado de tres anos. Será ás 12:00 no ximnasio. Lembrámosvos que nese día tedes que traer o material do curso, na medida do posible.

Informarémosvos do resto de reunións dos demais niveis mais adiante a través de Abalar.

Dende o centro esperamos que a emoción e a motivación que supón comezar un novo curso, perdure o maior tempo posible. Para o alumnado temén Guiño.

 

Un saúdo. 

 

Berta Rubiano Segovia

Xefa de estudos

MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-2022

 

O prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro é do 20 ao 30 de xuño, de 9:30 a 13:30. Non é preciso solicitar cita previa.

Deberá presentarse no centro a seguinte documentación debidamente cuberta:

  • Impreso de matrícula
  • Anexo III
  • Tres fotografías actuais, tamaño carné
  • Certificado médico no que se faga constar que o neno ten postas todas as vacinas que lle corresponden pola súa idade.
  • Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria
  • Impreso de elección de relixión ou alternativa
  • Impreso de autorización de imaxe
  • Cuestionario sobre lingua materna

Todos estes impresos facilitaranse na secretaría do centro ou ben poderán descargarse desde esta mesma páxina nos arquivos adxuntos.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut