Tal e como temos recollido na normativa sobre a Admisión de Alumnado, hoxe 25 de abril, fixéronse públicos os listados provisionais de alumnado admitido no noso centro.
Podedes consultar dita información nos taboleiros do centro.
O alumnado de 4º e 2º de Ed. Primaria asistiu a un concerto no Conservatorio da nosa localidade. Coñecimos o son de diferentes instrumentos e a voz dunha das profesoras, todo conducido por uns títeres.