Skip to Content

Propostas de tarefas para 5º A e B no luns 23 de Marzo

Estimadas familias:

A proposta de tarefa para este luns 23 de Marzo consta dun texto de comprensión lectora e uns exercicios de matemáticas. Traballaremos o texto e as matemáticas empregando estos dous pdfs que engado a continuación. 

Faremos o primeiro texto de comprensión lectora páxina 40 e 41, atoparedes o solucionario ao final do pdf.

En canto o caderno de matemáticas, faremos da unidade 11, a lectura da páxina 152, e os tres exercicios da páxina 153 e os tres seguintes da páxina 154. Atoparedes as solucións aos exercicios no lateral do caderno.

Non é preciso que descarguedes os pdfs, podedes traballar na vosa libreta, elaborando as respostas. Se non podedes empregar o ordenador por moito tempo, o importante é que nestes días teñades unha rutina de lectura diaria, e fagades exercicios onde teñades que empregar operacións básicas de cálculo ( por exemplo,multiplicacións de varias cifras, divisións con algún decimal, etc). 

Moito ánimo¡

 

AdxuntoTamaño
pdf comprensión lectora.pdf3.49 MB
pdf cuaderno de matemáticas.pdf20.69 MB


blog | by Dr. Radut