Skip to Content

FONDO LIBROS. DOCUMENTACIÓN E PRAZOS

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E

MATERIAL ESCOLAR

 

 

NORMA

ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 18 de maio de 2022)

Pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirirlibros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.

CÓDIGO de PROCEDEMENTO: ED330B

 

DESTINATARIOS

 

 

Fondo solidario de libros de texto

3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria

Axudas para adquirir libros de texto

1º e 2º de E. Primaria

Axudas para adquirir material escolar

Alumnado de E. Primaria

(De 1º a 6º)

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO

Desde o 20 de maio ata o 21 de xuño (incluído). Para todo o procedemento.

FORMAS DE PRESENTACIÓN

Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado.

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/2024.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados Anexo I e Anexo I e Anexo II, dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e, posteriormente, poderán optar polas seguintes formas de presentación:

    - Na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal): Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

    - Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

Así mesmo, poñemos a súa disposición o formulario normalizado de Solicitude(Anexo Ie Anexo II)para que poidan descargalo. Unha vez decargado, deberán cumprimentalo e poderán presentalo no centro.

Tamén temos á súa disposición os formularios de solicitude (Anexo I e Anexo II) en Secretaría para que poidan cubrilos e presentalos no centro.

O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 09.00 a 13:30

Alumnado

6º E.P.

O alumnado que está actualmente en 6º, poderá presentar a solicitude por vía electrónica ou no INSTITUTO onde vaia estar matriculado no curso 2022/2023.

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

a. ANEXO I debidamente cuberto e asinado.

b. ANEXO II (Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante para a comprobación de datos).

c. Copia do Libro de Familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores ou carezan de DNI ou NIE), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1. desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

d.Se fose o caso, certificado do Grao de Discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familiar, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

e. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

f.Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión.

 

 

 

 

PUBLICACIÓN

Publicación de listaxes provisionais

O 5 de xullo

Reclamación ás listaxes provisionais

2 días hábiles seguintes á publicación (6 e 7 de xullo)

Publicación das listaxes definitivas

O 11 de xullo

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no

TABOLEIRO DE ANUNCIOS situado no interior do centro

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

 

 

ENTREGA DE LIBROS E VALES

A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2023/2024 realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.

 

Os VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e dos VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria entregaranse na semana comprendida entre o 12, 13 e 14  xullo de 2023, entre as 10.00 e as 13.00.

 

 

 

AdxuntoTamaño
ANEXO I E II.pdf1.61 MB
DOCUMENTACION Y PLAZOS FONDO LIBROS 23-24.pdf93.79 KB


blog | by Dr. Radut