Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

 

NORMA

ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG do 20 de maio de 2021)

Pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirirlibros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.

CÓDIGO de PROCEDEMENTO: ED330B

 

DESTINATARIOS

 

 

Fondo solidario de libros de texto

3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria

Axudas para adquirir libros de texto 

1º e 2º de E. Primaria

Axudas para adquirir material escolar

Alumnado de E. Primaria

(De 1º a 6º)

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO

Desde o 21 de maio ata o 22 de xuño (incluído)

FORMAS DE PRESENTACIÓN

Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado.

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/2022.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados Anexo I e Anexo II,dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e, posteriormente, poderán optar polas seguintes formas de presentación:

    - Na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal): Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

    - Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

 

Así mesmo, poñemos a súa disposición o formulario normalizado de Solicitude (Anexo I e II) para que poidan descargalo. Unha vez decargado, deberán cumprimentalo e poderán presentalo no centro.

 

Tamén temos á súa disposición os formularios de solicitude (Anexo I e Anexo II) en Secretaría para que poidan cubrilos e presentalos no centro.

 

O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 09.00  a 13:30.

 

Alumnado

6º E.P.

O alumnado que está actualmente en 6º, poderá presentar a solicitude por vía electrónica ou no INSTITUTO onde vaia estar matriculado no curso 2021/2022.

  

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

  •    ANEXO I debidamente cuberto e asinado.

  •    ANEXO II (Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante para a comprobación de datos).

  • Copia do Libro de Familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
No caso en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación real a  31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello.

 

  • Se fose o caso, certificado do Grao de Discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familiar, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

    

PUBLICACIÓN

Publicación de listaxes provisionais>

O 25 de xuño

Reclamación ás listaxes provisionais>

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas>

O 30 de xuño

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no TABOLEIRO DE ANUNCIOS situado no interior do centro

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

 

ENTREGA DE LIBROS E VALES

A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2021/2022 realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.

 Os VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e dos VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria entregaranse na semana do 1 ao 9 de xullo de 2021, entre as 10.00 e as 13.00.

 

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut