Skip to Content

blogue deViqui

Bo verán!

Boas peques!

Antes de rematar o curso, queríavos dar as grazas e parabéns polo ben que o fixestes neste ano taaan… atípico! E as familias tamén, por tentar levalo do mellor xeito posible, sacando nesta situación sorrisos en todos/as os/as peques!

Para comezar, déixovos un vídeo dedicado aos/ás persoas que levaron o temón nestos útlimos meses, moitas grazas!!

Tamén vos deixo unhas curtas de diferentes temáticas para entretervos un pouco:

    

Por outro lado, aquí vai un xogo sobre os contos

Para rematar, unha canción, BO VERÁN!

Para calquera cousa non dubidedes en contactar comigo a través do correo victoriafernandezrodriguezz@gmail.com

Unha aperta xigante e moitos bicos

Xogos varios

Boas familias!

Achégase a fin de curso... así que vouvos deixar uns xogos e actividades para ir rematando con alegría é bo sabor.

1. Uns taboleiros con actividades para debuxar, inventar e representar. Só precisaredes un dado e unhas fichas e ir facendo o que toque en cada casilla.

2. Xogo de memoria. Neste xogo haberá que ir imitando o que aparece nas cartas e lembrando o que xa se foi facendo... a poñer a traballar a memoria!

3. Uns xogos coas profesións. Entre eles hai un memory, relacionar o nome coa profesión...

4. Adiviñas de animais.

5. Debuxos con gomets ou pintura de dedo. Seguindo a lenda pódense colorear os debuxos con gomets ou cos dedos e algo de tino para acertar cos círculos.

Agardo que vos gusten e vos sexan útiles,

unha aperta moi moi grande para os/as peques!

 

Para calquera cousa non dubidedes en contactar comigo a través do correo victoriafernandezrodriguezz@gmail.com

Medio ambiente e animais

Ola familias!

Dado que mañá, 5 de xuño, é o día do medio ambiente déixovos unhas ideas en relación con este tema (un PDF, uns debuxos e unhas actividades).

Ademáis, tamén vos deixo unhas tarxetas para xogar imitando animais.

Agardo que vos gusten!

(Unha canción que lles gusta moito)

Un bico moi grande

Mestura de actividades

Ola familias, deixovos por aquí un mix de actividades, espero que vos xauden a entretervosSorriso

 

Boa finde!

Unha aperta moi grande!

Xogo dobble

Ola familia!

Hoxe tráiovos un xogo para traballar elementos da primavera e do verán. Trátase dun dobble.

REGRAS Este xogo consiste en quedar sen cartas na man, é un xogo de rapidez e concentración que serve para exercitar a vista, a fala, a coordinación... Xógase da seguinte forma! dúas cartas, calqera, sempre, sempre teñen un obxecto en común (aínda que non o pareza as veces). Repártense todas as cartas os/as xogadores/as, menos unha que se deixa no centro da mesa. Cada participante debe buscar o obxecto común entre a carta do centro e as da súa man. Cando atope a imaxe deberá dicila en voz alta e poñela enriba da do centro, e así ata que todo o mundo se quede sen cartas.

ARTESANAL Se non podedes imprimilo pódese facer, con calquera temática, coma un dobble xeométrico. Para crear un dobble, fan falla 13 figuras mínimo (por exemplo: combinar o cadrado, círculo e triángulo coas cores azul, amarelo, verde e vermello e engadir un corazón da cor que sexa), despois o máis sinxelo, sería adxudicar a cada figura unha das imaxes do dobble da primavera ou o verán e ir debuxándoas no cartón (o sol será o cadrado vermello, así pois, en tantas cartas como apareza un sol pintaremos un cadrado vermello, e así con todas afiguras).

 

Adxunto uns dobbles que fixen eu e outros que atopei na rede.

Agardo que vos gusten!

Unha aperta forte!

LETRAS GALEGAS 2020

Boas familias! 

O domingo, 17 de maio de 2020, é o día das letras galegas, que este ano están dedicadas a Ricardo Carvalho Calero.

Déixovos no PDF unha recompilación de recursos para conmemorar este día.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020!

DÍA DA FAMILIA, 15 de maio de 2020

Ola! dado que o 15 de maio é o día da familia, deixovos por aquí un PDF cunhas ideas para conmemorar este día.

Espero que vos axuden a entretervos un pouco nestes días,

unha aperta forte para os/as peques especialmente.

FELIZ A DA FAMILIA!

Distribuir contido


by Dr. Radut