Skip to Content

blogue deadmin

NEGRAS E CORCHEAS. 2º EP

Bo e chuvioso día a todos e todas!

Hoxe imos facer algo un pouquiño máis difícil. 

Acordádesvos das negras e das corecheas? Pois imos traballar con elas con este vídeo de youtube.

Lembrade que á negra chamámola TA e á corcheaTITI.

Ao principio parece que vai moi rápido. Non vos preocupedes, porque só o parece. Ademais, podedes repetilo as veces que queirades, unha vez coa voz, outra con palmas ou golpes na mesa e mesmo podedes utilizar ese instrumento tan chulo que fixestes ou calquera que teñades en casa.

 

       NEGRA E CORCHEAS

 

Xa me contaredes como vos foi.

 

Bicos e moito ánimo. Xa queda menos.

 

Berta.

 berdujuan@gmail.com

CANCIÓNS PARA CANTAR, BAILAR E TOCAR. 1º E 2º EP

Bos días!!

 

Comeza a semana, e vos propoño que segades cantando, tocando e bailando novas cancións?

Aquí déixovos unhas ligazóns para que poidades coñecer moitas.

 

 

CANCIÓN 1

CANCIÓN 2

CANCIÓN 3

CANCIÓN 4

CANCIÓN 5

 

 

Bicos.

Berta.

 

FOTITOS DE 1º

Bo día chicos e chicas!

 

Mándovos unhas fotos e vídeo dalgúns de vos.

 

Espero que sigades todos e todas moi ben!

 

Moitos bicos e apertas!

 

Berta.

BLOGUE DE 3º DE EP

Bos días!

 

A partires de agora podedes visualizar as recomendacións para o alumnado de 3º de EP no 

 

                  BLOGUE DE 3º

 

Un saúdo e unha aperta moi grande para todos e todas. Ánimo!

 

Maite e Xulia

CANCIÓN "A PRIMAVERA". 1º e 2º EP.

Oooolaaaaa!

Aquí sigo pensando en vós. Coma xa sabedes, mañá comeza a Primavera así que vos deixo unha canción que me gustaría que aprendésedes para cantala todos/as xuntos/as en clase á volta.

 

       https://youtu.be/MuLHfNXP0C8

 

 

    Bicos. 

 

    Berta 

 

BAILAR SEN PERDER O RITMO!!! 1º e 2º EP

Ola outra vez!!!

Que tal se vos dá bailar?

Deixo un enlace por se queredes pasar un bo rato bailando sós ou acompañados.

           

          http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/16-videos-just-dance-para-que-los-ninos.html?m=1

 

 

    Bicos sen virus para todos e todas. 

 

    Berta. 

TRABALLO DE ED. MUSICAL PARA 1º E 2º DE EP

Bos días!

Espero que todo vaia ben e que esta nova situación nos permita vivir novas experiencias.

Déixovos unhas actividades sinxelas para traballar un pouco a Música desde vosas casas. Irei poñendo máis estes días.

Un saúdo, unha aperta moi forte aos nenos e nenas e moito ánimo para todos e todas.

Berta.

Distribuir contido


by Dr. Radut