Libros de texto e material didáctico

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO-CURSO 2016-17

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO - FONDO SOLIDARIO LIBROS

O pasado 16 de maio publicouse a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

O prazo para presentar solicitudes iniciouse o día 17  e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído). LEMBRAR QUE O ALUMNADO MATRICULADO EN 1º DA ESO DEBE REALIZAR O TRÁMITE NO INSTITUTO ONDE REALIZOU A SÚA MATRÍCULA ANTES DO 23 DE XUÑO.


Pódese acceder á orde premendo na imaxe.

 

 

Acceso á solicitude.

 

 

 

 

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR 2015/16_ segundaconvocatoria

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16, que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a dita axuda, resultase excluído por unha causa emendable. 

Para descargar o ANEXO I podedes premer aquí

 

Para máis información premer no seguinte enalace:

 

 

Saúdos

 

A directora

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR 2015/16

Publicado hoxe no DOG nº 166 as axudas para adquisición de material escolar.

(Familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€)

Para máis información premer AQUÍ

 

                

 

 

 Datos solicitude

Prazo de presentación : 02/09/2015 - 01/10/2015.

 Forma presentación

 

 
Adxuntamos un arquivo adxunto con máis información.
===========================================================

FONDOS LIBROS- 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias:

Informamos que a entrega de libros para o alumnado de 3º e 5º de Educación primaria NON se fará os días 2 e 3 de setembro tal como publicamos senón que se demorará.

Seguiremos informándovos.

Un saúdo

A directora.

__________________________________________________________________

 

Fondo solidario de libros de texto 2015-16- LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS

RECOMENDAMOS ESPERAR A SETEMBRO A TER MÁIS INFORMACIÓN. A entrega dos libros de texto ao alumnado que figura na lista definitiva de admitivos será efectuada os días 2 e 3 de setembro de 2015 (ambos inclusive) de 10 a 12h na Secretaría do colexio.

 

Listaxe PROVISIONAL-FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015/16- 3º E 5º de Educación Primaria

Segundo a Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 01/06/2015)

Ante as listaxes provisionais ábrese un prazo de reclamación os días 8 e 9 de xullo de 2015 na Secretaría do colexio de 10h a 13h.

As listaxes DEFINITIVAS serán publicadas o día 15/07/2015

 

NOTA: ACONSELLAMOS ESPERAR A SETEMBRO E NON MERCAR NINGÚN LIBRO A ESPERAS DE TER MÁIS INFORMACIÓN.

 

 
Distribuir contido