Matrícula

LISTAXE PROVISONAL ADMITIDOS E NON ADMITIDOS-CURSO 2018-19

Prezadas familias: As listaxes definitivas se publicarán antes do 15 de maio de 2018. Do 26 de abril até o 10 de maio hai un prazo para presentar reclamacións. (Horario de secretaría) Un saúdo A directora Montserrat Martínez Cañas

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO

 

 

LUNS 5 DE MARZO ÁS 17h 

e

MÉRCORES 7 DE MARZO ÁS 17h

A entrada será pola porta principal situada na RÚA DAS UFAS Nº 5 (a porta da rúa Pedra Seixa está anulada por obras)

Teremos unha pequena reunión onde explicaremos o proceso de matriculación e resolveremos as dúbidas que vos poidan xurdir. Posteriormente visitaremos as instalacións do centro.

Non é necesario concertar cita telefónica pero si que pregamos puntualidade.

Un saúdo

O Equipo Directivo

============================================================================================================

Matricula CURSO 2018-19 -SORTEO LETRAS(II)

Enlace á páxina da Xunta de Galicia co resultado do sorteo.

 

Matricula CURSO 2018-19 -(I)

A partires do 1 de marzo de 2018 comeza o proceso de admisión para novo alumnado no Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao de Vigo.

Tedes toda a información no apartado   O CENTRO / SECRETARÍA / MATRÍCULA

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 

 

Para todas aquelas familias que desexen coñecer o noso centro e recibir información referente ao proceso de solicitude de admisión, organizamos unhas xornadas de portas abertas que terán lugar o luns 5 de marzo e o mércores 7 de marzo de 2018, ás 17 h.

 

MATRÍCULA CURSO 2018/2019

 

 OFERTA DE POSTOS ESCOLARES PARA O CURSO 2018/19

 

4º EI

(3 anos)

5ºEI

(4 anos)

6ºEI

(5 anos)

EP-1º

EP-2º

EP-3º

EP-4º

EP-5º

EP-6º

 

44 + 6 reservadas para neae

 

8

 

0

 

0 + 1 reservada para neae

 

 

1

 

0

 

2

 

1


 

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO

1. Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

2. ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o prodecemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

3. ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a ORDE do 12 de marzo de 2013.

 

 

SOLICITUDE DE PRAZA:

1 ao 20 de marzo de 2018

- Cubrir o impreso de solicitude.

  Podedes descargar o anexo premendo a continuación, recollelo na Secretaría do colexio (*) ou cubrilo a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

- Fotocopia do D.N.I.  ou da folla do libro de familia, do/a neno/a. (imprescindible traer tamén os orixinais)

(*) - Horario de Secretaría:

Mañá: de 9:00  a 10:30 h

Tarde (só os martes): de 16:15 a 18:15 h.

 

     

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN:

23 de marzo ao 13 de abril (ata as 14h)

En caso de que non haxa suficientes prazas para as solicitudes presentadas:

- Presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión.

- Dende o centro porémonos en contacto con aquelas familias que deban aportar algún tipo de documentación.

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS:

Antes do 25 de abril de 2018

- Publicación no taboleiro e na páxina web do centro das solicitudes admitidas e denegadas.

- Presentación de reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da listaxe provisional.

- Resolución das reclamacións.

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS:

antes do 15  de maio de 2018

- Publicación no taboleiro e na páxina web do centro.

- Reclamación de listas definitivas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación das listas.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

20-29 xuño de 2018

- Cubrir os seguintes impresos que se recollerán na Secretaría:

   * Modelo normalizado.

   * Ficha de datos de emerxencia.

   * Autorización do uso da imaxe do menor.

   * Ensino de Relixión / Valores Sociais e Cívicos.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria e da folla de vacinacións.

- 4 fotos tipo carnet (só para matriculados en infantil).

- Estudo sociolingüístico.

- Cuestionario para as familias sobre a lingua materna (só para 3 anos).

- Certificado de matrícula do centro actual, no caso de cambio de centro educativo.

Horario de Secretaría:

do 10h a 13 h.

Os impresos podedes imprimilos dende a sección desta web SECRETARÍA > DESCARGA DE DOCUMENTOS.

 

 

 En votación realizada no Consello Escolar do Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao de Vigo, e recollida en acta con data do 27 de febreiro de 2018, decídese por unanimidade DECLINAR facer uso do criterio complementario para o proceso de matriculación do curso 2018-19

 

 

 

- A solicitude de admisión, axustada ao modelo oficial ANEXO II , SERÁ ÚNICA e presentarase no centro que se solicita en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder.

- A solicitude deberá ser asinada pola proxenitora, proxenitor ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores asinarán a solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para a súa comprobación polo centro educativo.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

 ÁREA   DE   INFLUENCIA   DO  CENTRO

Zona educativa nº 10

 

Comprende a rúa Paulino Freire, seguida da rúa Tomás Paredes ata o cruce coa Avenida da Florida, e incluíndo as parroquias de Alcabre, Navia e Comesaña.

 

Zonas limítrofes:  

·      Zona nº 9

·      Zona nº 11

·      Zona nº 13

 

 

Outros centros educativos da zona:

-       C.E.I.P. Javier Sensat (Alcabre)

-        C.E.I.P. Párroco Don Camilo (Comesaña)

-        Colexio Amor de Dios.

 

 

 Aquí pódense consultar as ZONAS EDUCATIVAS de Vigo. Ao noso Centro correspóndelle a zona de influencia nº 10

 

CENTRO DE SECUNDARIA Ó QUE ESTÁ ADSCRITO O NOSO CENTRO:

·      I.E.S.  VALADARES

 

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO

 

 

====================================================================================================

Powered by Drupal - Design by artinet