Libros de texto e material didáctico

Tramitación presencial Axudas de libros, material escolar e fondos libros

 

 

Benqueridas familias:

Para poder tramitar as axudas de libros de texto, material escolar e fondos libros é necesario facer previamente a devolución de libros  que pertencen ao fondo solidario correspondente aos cursos de 3º-4º-5º e 6º EP.

Por iso é moi importante que o día que tedes asinado para o trámite de ditas axudas traigades:

  1. Os LIBROS DE TEXTO que teñades na casa que son do fondo solidario.
  2. As MOCHILAS VIAXEIRAS da biblioteca.
  3. Empréstitos de LIBROS DA BIBLIOTECA do colexio

Ao final estamos organizando para que  o mesmo día SÍ podades acceder ás aulas e   recoller o material das vosas fillas e fillos.

Unha vez máis agradecemos a vosa colaboración.

Saúdos

O Equipo Directivo

 

AXUDAS E LIBROS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-21 e fondo solidario da Xunta

material3

 

Prezadas familias:

Acaba de publicarse no DOG as axudas para libros e material escolar para o curso 2020-21 e acceso ao fondo solidario da Xunta.

O prazo para presentar as solicitudes –preferentemente por vía telemática, rematará o día 19 de xuño

(Para facelo presencialmente tedes que esperar a recibir as instrucións de como procederemos tendo en conta

o Protocolo de medidas de prevención na reapertura dos centros educativos.

En breve recibiredes información a través da web do colexio e de ABALARMÓBIL.

Por favor, agradecermos de momento NON acudir ao centro ata novo aviso. GRAZAS)

 

As  solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Para máis información premer AQUÍ

 

Corrección de erros - Orde e instrucións fondolibros, axudas libros e axudas material escolar - 2020/2021

Na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2020, produciuse un erro, que aparece na páxina 20658:

O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

Vaise facer a oportuna corrección da orde no Diario Oficial de Galicia.

 

material

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA-FONSO SOLIDARIO LIBROS-CURSO 2019-20

Podedes consultar a listaxe definitiva do Fondo Solidario Libros para o curso 2019-20.

As familias de 5º e 6º de Educación Primaria non mercar ningún libro ata non falar en setembro coas titoras.

Lembrar que a entrega de libros a fará o profesorado o primeiro dia de curso, o mércores 11 de setembro, a cada alumno.

Un saúdo

A directora

 

CONSULTAR LISTAXE DEFINITIVA- Aquí

 

 

 

CALENDARIO FONDO SOLIDARIO LIBROS, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

 

En setembro publicaremos a listaxe de todos os libros e materiais para o curso 2019-20 (os libros de 3º-4º-5º e 6º EP serán os memos que os destes últimos cursos escolares)

A entrega dos libros a realizarán as titoras e titores o día 11 de setembro cando iniciemos as clases.

As familias que non recollan os vales nas datas establecidas NON poderán recollelos ata setembro.

 

 

 

 

===========================================================================================================

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR- CURSO ESCOLAR 2019-20

 

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20. CLICA PARA LER. 

O prazo para presentar a solicitude rematará o día 21 de xuño de 2019

(este incluído). Horario de Secretaría: LUNS-MÉRCORES-VENRES de 9 a 9.45

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA. CLICA.

Opcionalmente poderase presentar presencialmente nos centros docentes. Entregarase cunha copia da primeira folla.

A presente orde integra nun formulario as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:

  • Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

FORMULARIO para descargar en papel -AQUÍ-

 

====================================================

Distribuir contido